Sábado 11 de febrero de 2012
última actualización: 15:40
última actualización: 15:40
Última hora:
O Concello de Maside vai asinar coa Xefatura Provincial de Tráfico de Ourense un protocolo de adhesión ó Convenio subscrito no ano 2006 entre a Federación Española de Municipios e Provincias (FEMP) e a Dirección Xeral de Tráfico (DGT) para a mutua colaboración administrativa.
Esta colaboración céntrase inicialmente en dous expedientes que se poderán tramitar desde o Concello relativos o cambio de domicilio no permiso ou licencia de conducir e o trámite do duplicado do permiso de circulación do vehículo ou vehículos do interesado dos que sexa titular. A sinatura deste protocolo de colaboración leva consigo que os cidadáns poidan realizar estas xestións gratuitas no Concello.
Un técnico dirixirá a brigada de obras
Un inxeniero técnico industrial ou de obras públicas encargarase de dirixir a brigada municipal de obras. O Concello do Carballiño abriu o plazo para presentarse ó concurso público da plaza de técnico capataz para a que se esixe dita titulación académica. As autoridades locales consideran que desta maneira ‘profesionalizase a brigada e evitanos ós concelleiros ter que dirixila’.
Arranxo dos baches cando cese a choiva
O concelleiro de Urbanismo, Manuel Amil Otero, recoñeceu o mal estado de algunhas rúas da vila, que presentan abundantes baches. Nese senso, declarou que está recibindo moitas queixas por parte dos cidadáns, pero que ‘a xente ten que saber que non se poden arranxar mentras siga chovendo, hai que esperar que o tempo mellore para que queden ben acondicionadas’, matizou.