Jueves 11 de marzo de 2010
última actualización: 18:41
última actualización: 18:41
Última hora:
Un total de 15 nenos e nenas do municipio participou nesta pasada fin de semana no taller de Entroido organizado pola Concellería de Cultura do Carballiño, e que foi impartido por Soledad Torres, licenciada en Belas Artes.
A actividade tiña coma obxec tivo fundamental a creación dunha máscara que sexa típica da vila do Arenteiro, e deste xeito naceu ‘Polbo á feira’, un disfraz baseado no referente gastronómico mundial da parroquia carballiñesa de Arcos.
Os rapaces que acudiron a este taller, que se desenvolveu nas tardes de venres e sábado, disfrutaron da elaboración da vesti menta e adiantaron que ‘este disfraz vai ser o que levemos para saír á rúa nas datas sinaladas deste Entroido’.
Precisamente, serán os alumnos e alumnas dos centros educativos os protagonistas do ‘Xoves de comadres’, o vindeiro día 11, cun desfile polo casco urbán que comezará ás catro da tarde e animado por home-orquestra.