b1La Región de Ourense de la A a la Zb2Buscar en La Región de Ourenseb3
Galerías
Encuestas
¿Cree que los partidos alcanzarán un pacto contra la crisis?
  
  
Si. Sin el PP
  
No

RSS, OPML y ATOM
RSS 2.0 RSS 1.0 RSS 0.91 ATOM 0.3 OPML
Agregadores
technorati Google

Los feeds de RSS, Atom y OPML permiten importar de forma automática el contenido de La Región de Ourense. Pulsa para obtener el código XML. Bastará copiar la URL generada al navegador, programa o sitio web de destino.

Los agregadores de Technorati y Google te permitirán incluir la página en los favoritos online de estos servicios y compartirlos con otros usuarios.

O BNG considera que o ‘Calvo Sotelo’ debe decidir encol da xornada continuada

Tiempo estimado de lectura: 1 min 15 seg Comentarios: 0 Enviar a redes sociales Imprimir el artículo Agregar a favoritos Descargar en PDF Enviar por correo Texto normal Texto grande
X.A.R. - O CARBALLIÑO - 09-02-2010

Ante a polémica xerada a respecto da posíbel decisión dos pais e nais do colexio ‘Calvo Sotelo’ sobre a implantación da xornada única, a asamblea do BNG do Carballiño manifestou que ‘corresponde ós órganos internos do propio centro educativo tomar a decisión que consideren máis apropiada para a maioría do alumnado’.

Os responsables da formación nacionalista engaden que, ‘en ningún caso, os partidos políticos deberán influír nin alterar a decisión democrática de ningún dos axentes que forman parte, tanto da dirección do centro coma dos seus traballadores e, por suposto, dos seus usuarios’.

Neste sentido, o secretario local do BNG, Eladino Cabanelas, sinala que ‘os partidos debemos manifestarnos tan só para defender que se poida tomar unha decisión tal e como está estipulado na lexislación, e sen coartar un posible resultado antepoñendo intereses espurios ós propios da comunidade educativa’. No BNG carballiñés consideran que ‘a argumentación esgrimida polo delegado territorial da Xunta, Rogelio Martínez, é moi pobre, en tanto que un gasto de 60.000 euros anuais engadido ás enormes cantidades que supón este orzamento a nivel provincial resulta comparativamente irrisorio e facilmente asumible polo Goberno autonómico’.

Asamblea

Os nacionalistas apuntan que ‘temos claro que esta motivación obedece, non tanto a reducción de gastos como ás políticas de continuo desmantelamento do ensino público, tal e como se pode constatar na redución de máis de un 7%, no capítulo de investimento da Xunta para o transporte escolar’. Por outra banda, a comisión de pais que defende a xornada continuada no colexio convocou unha asamblea xeral para mañá mércores. A xuntanza será ás 20.30 horas na Casa da Cultura do Carballiño, e nela acordaranse novas medidas de protesta’.


Tiempo estimado de lectura: 1 min 15 seg Comentarios: 0 Enviar a redes sociales Imprimir el artículo Agregar a favoritos Descargar en PDF Enviar por correo Texto normal Texto grande
Leído 156 veces
Barreiros sinopsis Barreiros trailer