Sábado 11 de febrero de 2012
última actualización: 20:34
última actualización: 20:34
Última hora:
A reapertura de seis establecementos de hostelería que permanecían pechados dende 2009 e incluso dende hai varios anos na vila do Arenteiro apunta a unha recuperación dun dos sectores máis castigados pola actual situación de crise económica. Concretamente, no breve espazo de dous meses, voltaron a poñerse a disposición dos clientes catro “pubs” na zona da “movida” nocturna, na rúa Chamoso Lamas, un restaurante na avenida Alberte Vilanova e unha tapería situada no contorno da antiga igrexa parroquial do Carballiño, na rúa Cesáreo Tizón.

Unha situación que non fai máis que segui-la tendencia do último lustro, xa que dende o ano 2003 o sector hosteleiro e de restauración experimentou un incremento dun 6,6% até chegar a un total de 178 negocios, según os datos do Anuario Económico de La Caixa correspondentes ó 2009. Neste sentido, o concelleiro de Comercio e Turismo, Manuel Dacal, manifesta que “a crise actual está repercutindo na hostelería, pero no Carballiño estáse a notar certa melloría con respecto a outras vilas que incluso nos superan a nivel industrial, coma pode ser o caso de Lalín'. El edil añade que 'ademais, os mesmos propietarios dos locais están desenvolvendo labouras de promoción coa colaboración do Concello ó traverso dos concursos de tapas e as feiras temáticas que cada mes imos adicar a unha comunidade autonóma do Estado”.
VEHÍCULOS
O auxe da hostelería contrasta cun marcado retroceso da actividade industrial e da construcción nos últimos cinco anos, xa que o estudio de La Caixa recolle unha baixa dun 15,2% no Carballiño, cun total de 268 empresas rexistradas no municipio. Nembargantes, o padrón municipal de automóbiles pasou dos 10.055 que estaban rexistrados en 2007 ós 10.607 contabilizados ó ano seguinte, sendo 7.769 deles turismos (máis dun 77%), segundo o mesmo informe económico.
Neste, a actividade comercial minorista permanece prácticamente inalterable, xa que só se contabiliza unha actividade menos, 459 en 2008 fronte as 460 do ano anterior. Este aspecto é destacado polo presidente da Asociación de Comerciantes e Empresarios do Carballiño (ACEC), Adolfo Nogueira. Así, señala que 'a pesares dos tempos que corren, o noso colectivo está a apostar pola súa promoción, ó traverso de campañas coas que tentamos que os nosos clientes manteñan a súa fidelidade'.