Sábado 11 de febrero de 2012
última actualización: 07:41
última actualización: 07:41
Última hora:
A Concellería de Igualdade e Benestar do Carballiño rendirá unha homenaxe ás mulleres da parroquia de Arcos que protagonizaron hai tres décadas unha loita na defensa do manancial termal ubicado nesa localidade, co obxectivo de manter a súa titularidade pública.
Segundo adiantou a concelleira desta área municipal, Áurea Francisco, o vindeiro 15 de marzo organizarase un acto no contorno desta fonte, consistente no descubremento dunha praca adicada a Dolores López, 'unha das veciñas que liderou o movemento en contra do empresario que nos anos 70 do pasado século pretendía usurpar o patrimonio dos cidadáns'.
O programa desa xornada completarase cunha mesa redonda no salón de plenos da Casa do Concello, baixo o epígrafe 'Muller e traballo: historia viva no Carballiño'. A fonte de Arcos, máis coñecida como 'O Bañiño' rexistra na época estival a visita dunhas 300 persoas diarias, que acuden dende toda Galicia pola calide curativa das súas augas, ricas en minerais sulfurados.