Sábado 11 de febrero de 2012
última actualización: 15:40
última actualización: 15:40
Última hora:
A empresa Proyecón finalizou o asfaltado da rúa Alexandre Bóveda do Carballiño, que permitirá o paso de vehículos pola vila sen acceder ó centro do casco urbán.

Esta é a última das obras contempladas no Plan E do ano pasado, e que supuxo un investimento aproximado de 400.000 euros.
Trinta familias disporán dun plan de aforro no fogar
O concelleiro de Medio Ambiente do Carballiño, Bernardo García, presentou onte o plan 'Fogares verdes', convidando ós veciños a participar. Técnicos da asociación ecoloxista Adega farán un seguimento do aforro enerxético e de auga en 30 vivendas do municipio.
O teatro conciencia ós estudantes encol da seguridade vial
A Área de Tráfico do Concello do Carballiño organiza hoxe a representación teatral '133.6 F.M.' no Auditorio municipal, en sesións ás 10.30 e 12.30 horas. Trátase dunha obra da Dirección Xeral de Tráfico, orientada a estudantes de ESO e Bacharelato do municipio.
Un debate abordará o papel das mulleres no ámbito público
O Casino Cultural do Carballiño acollerá o vindeiro 29 de marzo, ás oito da tarde, o debate 'Muller e poder'. No acto interveñen Teresa Miras, presidenta da Real Academia de Farmacia; Laura Seara, directora do Instituto da Muller, e Teresa Táboas, arquitecta e ex conselleira de Vivenda.