Sábado 11 de febrero de 2012
última actualización: 15:40
última actualización: 15:40
Última hora:
O éxito que están a acadar nas fines de semana temáticas das tapas no Carballiño, que se veñen desenvolvendo dende novembro, animou a máis locais a sumarse a esta iniciativa promovida pola Concellería de Turismo coa colaboración dos establecementos hosteleiros. Concretamente, sumouse o 'Novo Flamingo', que reabriu as súas portas neste mes para sumar o número 14 dos negocios incorporados a esta oferta de bares e taperías, na que os productos do porco tiveron o seu protagonismo nos meses anteriores.
Deste xeito, os días 26 e 27 de marzo estárán adicados á gastronomía de Asturias, e o concelleiro de Turismo Manuel Dacal, animouse a convidar ó cantante Melendi, 'para que sexa o embaixador da organización deste mes', aproveitando o concerto que iste artista asturiano ofreceu o pasado sábado na sala de festas Isis Pharia de Carballiño. Melendi aplaudiu a iniciativa, e comentou que “en Galicia y Asturias es donde mejor se come, por eso tenemos que apostar por nuestra gastronomía”.
Manuel Dacal está a realizar xestións para poder contar durante o venres 26 e o sábado 27 de marzo con varios escanciadores de sidra nos locais participantes nas xornadas temáticas, 'e por iso estamos en contacto con una importante adega asturiana co obxetivo de dispoñer desta bebida típica'. Os locais ofrecerán ós seus clientes fabada e queixo de Cabrales, entre outras variedades.