Sábado 4 de febrero de 2012
última actualización: 13:18
última actualización: 13:18
Última hora:
Luis Rial Suárez foi elixido novo presidente da Fundación Amigos de Galicia, polo que releva no cargo a Jesús Busto Peteiro, despois de que este cesase 'por vontade propia'. Así, segundo informou a fundación, na Asemblea Xeral Extraordinaria celebrada o pasado sábado foi aceptado o cesamento de Jesús Busto Peteiro e José Julio Vascuas como secretario.
A fundación explicou que o cambio se debe ó 'desexo' do Padroado Reitor profesionalizar a mesma, 'traballando, como marcan os seus fins, na promoción da cultura galega, a gastronomía e o turismo'. 'E nestes momentos de crise, axudar aos colectivos máis desfavorecidos da nosa sociedade, principalmente os nenos', engade.
No período 2009-2010 foron atendidas un total de 8.336 persoas por esta asociación, aumentando o número de beneficiados na actualidade, segundo concretou.