Lunes 21 de mayo de 2012
última actualización: 13:24
última actualización: 13:24
Última hora:
.A execución do 'macroproxecto' para o saneamento do río Carrás ó seu paso polo municipio do Carballiño está a piques de concluir, unha vez instalado o 95% da rede de canalizacións de aguas fecais e pluviais entre o parque empresarial e a localidade de Partovia, onde está ubicado o sistema de depuración. O alcalde, Carlos Montes, sinala que 'só quedan unhas poucas conexións de tuberías, e a estación depuradora xa está practicamente rematada'.

O obxectivo, engadiu o rexedor socialista, 'é que dentro do prazo dun mes, e coincidindo coa celabración das nosas festas patronais (entre 0 14 e o 16 de setembro), esta depuradora emprazada baixo o campo de As Cavadas sexa posta en marcha para comprobar o seu funcionamento e o de toda a nova rede de saneamento en xeral. A obra será sometida a probas durante o periodo dun ano, antes de prestar servizo de xeito definitivo'. Os traballos de saneamento supuxeron un investimento de cinco millóns de euros para a anterior Consellería de Medio Ambiente e Desenvolvemento Sostible, que dirixiu o carballiñés Manuel Vázquez na Xunta do 'bipartito' (2005-2009).
PLATAFORMA
O proxecto tiña como fin eliminar os problemas de verquidos directos ó Carrás das augas fecais do 40% das vivendas da vila carballiñesa, que viñan denunciando nos últimos 30 anos as asociacións ecoloxistas de toda Galicia e que tamén derivaron na imposición de sancións ó Concello por parte da antiga Confederación Hidrográfica del Norte, algunhas de ata 3.000 euros anuais. Ademais, os veciños das parroquias de Señorín e Partovia non podían utilizar as augas do río para regar os seus cultivos de horta, e por elo constituiron unha plataforma de defensa do Carrás, que organizou varias mobilizacións na aldea de O Penedo, onde existe unha fosa séptica que resultou insuficiente para absorber tódalas impurezas do caudal e producía cheiros no verán.
As obras consistiron no trazado dunha rede de catro quilómetros de lonxitude para a canalización do alcantarillado da área industrial, zona Este do casco urbán e das parroquias de Señorín e Partovia, e outra de dous quilómetros para a separación das aguas pluviais, que a partir de agora poderanse verter no río. Tamén se diseñou unha nova estación depuradora para dar servizo a unha poboación de 10.000 habitantes, tendo en conta as previsións de crecemento urbanístico do municipio.