La Región de Ourense de la A a la ZBuscar en La Región de Ourense
Mín.: 12ºC Máx.: 25ºC
Actual:
20,3ºC
Meteogalicia
Galerías
Encuestas
¿Tiene posibilidades Pastora Soler en Eurovisión 2012?
  
  
No

RSS, OPML y ATOM
RSS 2.0 RSS 1.0 RSS 0.91 ATOM 0.3 OPML
Agregadores
technorati Google

Los feeds de RSS, Atom y OPML permiten importar de forma automática el contenido de La Región de Ourense. Pulsa para obtener el código XML. Bastará copiar la URL generada al navegador, programa o sitio web de destino.

Los agregadores de Technorati y Google te permitirán incluir la página en los favoritos online de estos servicios y compartirlos con otros usuarios.
LA TRIBUNA

XESÚS REDONDO ABUÍN: A mellor arma, a palabra

Exlíder del Partido Comunista
Compartir en: Facebook Twitter Menéame Chuza!
Xesús Redondo Abuín - 04-10-2011

O onte tributóuselle en Ourense unha homenaxe a un heroe de Galicia e de España. A Santiago Álvarez. Xa se lle teñen tributado outras antes en Santiago e noutras partes. E moitas outras haberá que tributarlle. Seguro que se lle tributarán. Pois por moitas que se lle tributen, moitas máis haberá que tributarlle. Porque é a súa unha biografía memorable onde as haxa. Foi protagonista principal de feitos históricos senlleiros na defensa dos dereitos humanos. De todos os dereitos humanos para todos os seres humanos.

Teño a certeza de que se vivise estaría agora dicíndonos que hai que parar o machadazo este ó ensino, porque sen ensino, sen sen Seguridade Social e sen bolo alimenticio, non somos nada. Seguro que nolo diría. Case de rapaz puxo en pé, mellor dito, axudou a poñer en pé, o sindicalismo agrario nacional e de clase na súa Valdeorras natal. E cando a sabandixa ártabra perpetrou a súa atroz poutada contra Galicia e contra España, foi Comisario de comisarios con rango de xeneral, e mando sobre Borobó, Lorenzo Varela e Miguel Hernández, que eran tres capitáns de capitáns da palabra álxida. Santiago Álvarez foi dos primeiriños en crear no patio dun convento o glorioso V Rexemento, e con Líster, con Modesto e con Valentín González doutorouse nun santiamén no manexo das armas. Dito o cal, urxe deixar sentado que a súa mellor arma sempre foi a palabra. A palabra vibrante. A palabra veraz. Santiago Álvarez foi un dos que moveron ó nobre corazón de Miguel Hernández a sangrar estes nove versos cortantes e punzantes á desesperada: Tristes guerras /se non é por amor a empresa. /Tristes, tristes. /Tristes armas /se non son as palabras. /Tristes, tristes. /Tristes homes /se non morren de amores. /Tristes, tristes. E quedou todo dito.
Pero volvo ó noso ilustre valdeorrés onte homenaxeado.

Librouse de ser pasado polas armas a mans do pequeno fol de veleno grazas a unha vaga mundial de solidariedade. O meu querido camarada de San Miguel de Outeiro era máis ben baixo, pero tenaz e pertinaz á hora da verdade, ante as dificultades facíase colosal. E agora revelarei un caso que presenciei eu mesmo en Casaio: foi alá polos albores da democracia, íamos os dous a falar a un act

o -do noso Partido, do Partido Comunista de Galicia, legal xa, ou semilegal- e cando chegamos ó local no que estaba convocado o acto topámonos con catro para escoitarnos, len ben: catro, e os catro camaradas. E Casaio estaba daquela nas quimbambas. Moito máis lonxe do que agora está. Pois ninguén pense que el tivo o máis mínimo pensamento de suspender a charla: mandou entrar, e falou durante unha hora e fíxoo coa mesma solemnidade que se estivese ata a bandeira aquel local. Ese era Santiago Álvarez. Somos moitos os que o quixemos e o queremos. Dentro e fora de Galicia e de España. O que é eu, moito do pouco que sei aprendeumo el. Cómo non vou querelo. Se houbese máis alá, que non o hai, o primeiro que faría eu namais chegar sería pedirlle ó responsable de organización que me pasase á célula da que el formaría parte. O malo é que o máis alá non é máis que o nunca máis a cara de can.

Tiempo estimado de lectura: 2 min 45 seg Comentarios: 0 Imprimir el artículo Agregar a favoritos Descargar en PDF Enviar por correo Texto normal Texto grande
Palabras relacionadas: xesusredondoabuin
Barreiros sinopsis Barreiros trailer