La Región de Ourense de la A a la ZBuscar en La Región de Ourense
Mín.: 12ºC Máx.: 25ºC
Actual:
21,1ºC
Meteogalicia
Galerías
Encuestas
¿Tiene posibilidades Pastora Soler en Eurovisión 2012?
  
  
No

RSS, OPML y ATOM
RSS 2.0 RSS 1.0 RSS 0.91 ATOM 0.3 OPML
Agregadores
technorati Google

Los feeds de RSS, Atom y OPML permiten importar de forma automática el contenido de La Región de Ourense. Pulsa para obtener el código XML. Bastará copiar la URL generada al navegador, programa o sitio web de destino.

Los agregadores de Technorati y Google te permitirán incluir la página en los favoritos online de estos servicios y compartirlos con otros usuarios.

A extinción de incendios aumentou en Ribadavia

O equipo de emerxencias cuadruplicou as súas intervencións no 2011
Compartir en: Facebook Twitter Menéame Chuza!
X.A.R. RIBADAVIA - 31-12-2011

A extinción de lumes forestais centrou unha boa parte do traballo desenvolto neste ano polo Grupo Municipal de Intervención (Grumir) de Ribadavia, integrado por un total de 15 persoas e coordinado por Julio Puentes Agregán. Así, o número de intervencións en incendios detectados nos montes da comarca do Ribeiro foi de 51, unha cantidade que case cuadriplica as 14 saídas rexistradas no 2010.

Precisamente foi no pasado outubro cando os compoñentes do Grumir tiveron que acudir a sofocar máis lumes, cun total de 12, mentres agosto, con nove, e abril, con oito, foron os seguintes en importancia, debido fundamentalmente á seca existente. O dispositivo de emerxencias tamén atendeu 15 incendios declarados en vivendas do casco urbán de Ribadavia e noutras localidades limítrofes, ademais doutros 31 en vehículos, contedores de lixo e solares ubicados perto de casas.

Por outra banda, os traballadores do grupo municipal participaron, tras recibir os avisos do Servizo 112, nun total de 68 accidentes de tráfico, dos cales houbo feridos en 37 e tiveron que utilizar o equipo de excarcelación en tres deles.

Unha das actividades que tivo incidencia, sobre todo na época estival, foi a de vixiancia da praia fluvial e das piscinas municipais, no barrio de A Veronza, con 56 intervencións, e da área termal de Prexigueiro, na parroquia de Francelos, con 77. Neste tema, Julio Puentes lembra que 'houbo asentamento de xente ambulante, que tivo que ser desaloxada pola Policía Local nalgún dos casos'.


DESAPARECIDOS

Pero o groso dos 1.416 operativos do Grumir foron as 471 participacións preventivas en concentracións multitudinarias, coma a Festa da Istoria, a Feira do Viño e as competicións deportivas que se organizan na comarca e que precisan de control do tráfico. Ademais, atenderon 329 actividades desenvoltas nos centros educativos da vila ribadaviense. Finalmente, tamén se destaca o auxilio prestado nos dispositivos organizados pola Garda Civil e Policía Nacional na busca de persoas desaparecidas, que sumaron 38 servizos entre os meses de xaneiro a marzo. Concretamente, nese periodo de tempo, Julio Puentes apunta que 'colaboramos coas forzas de seguridade para tentar localizar a unha persoa que supostamente se tirou na cidade ó río Miño, e que aínda non aparece na actualidade'. A limpeza de estradas e pistas afectadas por danos de temporais representaron 80 intervencións, distribuidas nos pasados 12 meses.

Tiempo estimado de lectura: 1 min 45 seg Comentarios: 0 Imprimir el artículo Agregar a favoritos Descargar en PDF Enviar por correo Texto normal Texto grande
Palabras relacionadas: extincionincendiosaumentouribadavia
Barreiros sinopsis Barreiros trailer