La Región de Ourense de la A a la ZBuscar en La Región de Ourense
Galerías
Encuestas
¿Tiene posibilidades Pastora Soler en Eurovisión 2012?
  
  
No

RSS, OPML y ATOM
RSS 2.0 RSS 1.0 RSS 0.91 ATOM 0.3 OPML
Agregadores
technorati Google

Los feeds de RSS, Atom y OPML permiten importar de forma automática el contenido de La Región de Ourense. Pulsa para obtener el código XML. Bastará copiar la URL generada al navegador, programa o sitio web de destino.

Los agregadores de Technorati y Google te permitirán incluir la página en los favoritos online de estos servicios y compartirlos con otros usuarios.

Sons do Lethes para África

Compartir en: Facebook Twitter Menéame Chuza!
Laura Fernández - Bande - 29-01-2012

Os acordes da 'Vía Nova', 'Na telleira', 'Volta da feira' o 'Río do Esquecemento' soarán o vindeiro mes de febreiro nas vilas de Tánger, Tetuán e Rabat. Kérkennai, a agrupación musical oriunda das terras da Baixa Limia, percorrerá diferentes escenarios de Marruecos da man do Instituto Cervantes e Artistas Interpretes Ejecutantes (AIE).

'Esta xira xurde do interés do Instituto Cervantes de promover tódolos aspectos relacionados ca cultura, nas diferentes linguas e expresións culturais do Estado Español. Concretamente no noso caso, grupos que mostren a realidade cultural e lingüística de Galicia', relata Sindo Otero, guitarrista e voz do grupo, quen recoñocía que 'non é a primeira vez que colaboramos co AIE, cos que fixemos unha serie de concertos que nos levou pola xeografía española e dos que quedamos moi satifeitos polas dúas partes'.
Partindo dunha referencia tradicional, Kérkennai intenta expresar na súa música toda esa forza da tradición e o entorno natural da Baixa Limia. Composición propias nas que trasmiten as experiencias vividas e soñadas nas beiras do Lethes, camiñando pola Vía Nova ou escoitando as historias dos pobos anciáns. Vivencias que, lonxe das modas ou tendencias actuais, manifestan a través dun 'folk fusión' o 'new age' co cal xa han conquistado auditorios, festivais e pequenas salas espalladas por toda 'Gallaecia'.

Pendentes de xirovago
Non é a primeira vez que os músicos da Baixa Limia saen máis alá das nosas fronteiras. A agrupación leva moito tempo percorrendo as comunidades estatais e tamén o veciño portugués. Nesta ocasión, Kérkennai cruzará o estreito de Gibraltar e levará os seus sons nun pais donde a música representa máxima expresión da cultura marroquí.
Nesta travesía polo norte do pais africano, Sindo Otero, Pepa Rodríguez, Felipe Rodicio e Juan Seara (Kérkennai) estarán acompañados polos tamén galegos de Faltriqueira. Formado no ano 1999, a agrupación conta con
dous discos no mercado 'Vía Nova' e 'Nas beiras de Lethes' e ultima a edición dun terceiro, que levará por título 'Xirovago'.

Tiempo estimado de lectura: 1 min 30 seg Comentarios: 0 Imprimir el artículo Agregar a favoritos Descargar en PDF Enviar por correo Texto normal Texto grande
Palabras relacionadas: kerkennaibande
Barreiros sinopsis Barreiros trailer