La Región de Ourense de la A a la ZBuscar en La Región de Ourense
Galerías
Encuestas
¿Tiene posibilidades Pastora Soler en Eurovisión 2012?
  
  
No

RSS, OPML y ATOM
RSS 2.0 RSS 1.0 RSS 0.91 ATOM 0.3 OPML
Agregadores
technorati Google

Los feeds de RSS, Atom y OPML permiten importar de forma automática el contenido de La Región de Ourense. Pulsa para obtener el código XML. Bastará copiar la URL generada al navegador, programa o sitio web de destino.

Los agregadores de Technorati y Google te permitirán incluir la página en los favoritos online de estos servicios y compartirlos con otros usuarios.

O BNG pide á UE que controle a legalidade da incineradora

Ana Miranda presentou unha iniciativa no Europarlamento, que aprobou un informe sobre residuos
Compartir en: Facebook Twitter Menéame Chuza!
X.A. REBOIRO. o irixo - 03-02-2012

A Comisión Europea (CE) deberá pronunciarse encol da legalidade da planta de tratamento de residuos prevista para O Irixo, en virtude da 'Directiva sobre Xestión de Residuos nos Estados Membros da Unión', que foi aprobada onte en Bruxelas polo Parlamento Europeo. Neste sentido, a eurodeputada Ana Miranda, do BNG, vén de presentar unha iniciativa parlamentaria ante a Comisión Europea para que, como goberno, se pronuncie sobre o proxecto de macroplanta incineradora para o sur de Galicia, que promove a empresa Estela Eólica para ubicar en montes comunales de O Irixo.

Ana Miranda intervén, onte, nun Parlamento semivacío. (Foto: DELMI ÁLVAREZ)
Ana Miranda intervén, onte, nun Parlamento semivacío. (Foto: DELMI ÁLVAREZ)

A parlamentaria nacionalista, que interviu na sesión de debate do informe elaborado polo deputado do PP Carlos Iturgáiz -na que se pide criterios máis claros e específicos sobre a localización de vertedoiros con respecto a vivendas, colexios ou centros de saúde, co obxectivo de evitar riscos para a saúde e o medio ambiente-, afirmou que vai 'defender que dita normativa europea se cumpra tamén en Galicia'. Miranda denunciou no pleno do Parlamento que o Goberno galego está incumprindo a lexislación da UE en materia de xestión de residuos, ignorando a normativa que recomenda a 'prevención, reciclaxe e reutilización' como sistemas 'prioritarios', mentres sinala a incineración como 'ultima opción'.

Así, pese a este mandato, que foi adoptado polo Parlamento europeo co apoio de 632 voces, 22 abstencións e 18 votos en contra, a eurodeputada do BNG salientou que o nivel de incineración en Galicia 'xa acada o 42% do lixo que xenera'. Por iso, a planta proxectada para O Irixo non faría máis que 'consolidar' a incineración como sistema hexemónico no tratamento de residuos e ignorar os postulados da directiva europea, en opinión de Ana Miranda.

As queixas polas vulneracións de das directivas europeas de medio ambiente son o groso de queixas que legan á Comisión de Petición do Parlamento Europeo. E destas case a mitade refírense á xestión de residuos, destaca o informe.

Iturgaiz recordou que existen moitas queixas de cidadáns ao Parlamento europeo que denuncian 'a mala xestión de residuos por parte das autoridades dos Estados membros, a localización de vertederos' e outras cuestións relacionadas.

A deputada europea do BNG Ana Miranda suliñou, neste senso, que a planta de Irixo non cumpre co requisito de 'avaliación de impacto medioambiental' e que vai ser unha instalación orientada á queimar 'a metade dos residuos que produce unha poboación de tres millóns de habitantes', segundo recalcou.

Tiempo estimado de lectura: 1 min 45 seg Comentarios: 0 Imprimir el artículo Agregar a favoritos Descargar en PDF Enviar por correo Texto normal Texto grande
Palabras relacionadas: controlelegalidadeincineradora
Barreiros sinopsis Barreiros trailer