La Región de Ourense de la A a la ZBuscar en La Región de Ourense
Mín.: 11ºC Máx.: 31ºC
Actual:
10,6ºC
Meteogalicia
Galerías
Encuestas
¿Tiene posibilidades Pastora Soler en Eurovisión 2012?
  
  
No

RSS, OPML y ATOM
RSS 2.0 RSS 1.0 RSS 0.91 ATOM 0.3 OPML
Agregadores
technorati Google

Los feeds de RSS, Atom y OPML permiten importar de forma automática el contenido de La Región de Ourense. Pulsa para obtener el código XML. Bastará copiar la URL generada al navegador, programa o sitio web de destino.

Los agregadores de Technorati y Google te permitirán incluir la página en los favoritos online de estos servicios y compartirlos con otros usuarios.
O PERSONAXE DO DÍA

ROBERTO GONZÁLEZ: “O noso problema é a competencia desleal co pan conxelado das grandes superficies'

Presidente da Federación Galega de Panadeiros
Compartir en: Facebook Twitter Menéame Chuza!
CAROLINA A. PIÑEIRO - OURENSE - 03-02-2012

Os panadeiros ourensáns celebraron a súa asamblea, presidida por Roberto González. Alí todos recibiron de bo grado a nova guía alimentaria específica para o gremio.

Roberto González (Foto: MIGUEL ÁNGEL)
Roberto González (Foto: MIGUEL ÁNGEL)

A guía que presentaron onte, era unha demanda do sector?
É algo no que levamos moito tempo traballando porque cremos que é unha boa ferramenta de traballo para o panadeiro. Os inspectores nunca se puñan en consonancia e agora terán un criterio para todos igual. Esta guía está enfocada a todo tipo de panaderías.

Cales serán os principais beneficios desta iniciativa?
En Galicia hai productos de moitos tipos. Nesta guía levamos traballando coa Xunta case dous anos. Nós o que lle pediamos á Consellería de Sanidade é que manteña un criterio igual para tódalas panaderías, porque ata agora esixía cousas distintas a cada unha. Así, con esta guía, que as recolle a todas, xa saberán o que lle teñen que pedir a cada panadeiro.

Como foi a primeira acollida?
É algo voluntario, ó que as panaderías se adscriben se o desexan. Polo que vin na asamblea, todos querían participar. Polo de agora non temos unha data concreta para comezar, pero así que xuntemos un grupo grande, repartirémola. Esta iniciativa vaille quitar traballo ós panadeiros e, ademais, ós que teñan obreiros, vailles sair gratis.

Coa chegada do novo ano, soben moitos prezos. Vai acontecer o mesmo co pan?
Lamentablemente, esa é unha pregunta que eu non podo responder.

Segue habendo quen prefire a calidade por riba do aforro?
Por suposto. En Galicia temos o mellor pan de toda España porque as materias primas que empregamos, sobre todo a fariña, son moi boas. É certo que hai clientes de todo tipo, o que pasa é que aquí non lle damos importancia ó bo pan que temos precisamente pola súa calidade e porque o houbo sempre.

En calquera caso, o gremio dos panadeiros percibe a crise?
Moito, moito. Son tempos difíciles para todos en xeral. O noso problema é que temos unha competencia desleal co pan conxelado que venden nas grandes superficies. Ademais diso, aféctanos a crise global. Hai que ter en conta que as panaderías non viven só de facer pan. Precisamente durante a asamblea comentabamos que o máis caro hoxe para os panadeiros en Galicia é o reparto polos pobos do rural, tanto polo prezo da gasolina como pola falta de xente.

Tiempo estimado de lectura: 1 min 45 seg Comentarios: 0 Imprimir el artículo Agregar a favoritos Descargar en PDF Enviar por correo Texto normal Texto grande
Palabras relacionadas: robertogonzalez
Barreiros sinopsis Barreiros trailer