La Región de Ourense de la A a la ZBuscar en La Región de Ourense
  Vídeos del día
Galerías
Encuestas
¿Tiene posibilidades Pastora Soler en Eurovisión 2012?
  
  
No

RSS, OPML y ATOM
RSS 2.0 RSS 1.0 RSS 0.91 ATOM 0.3 OPML
Agregadores
technorati Google

Los feeds de RSS, Atom y OPML permiten importar de forma automática el contenido de La Región de Ourense. Pulsa para obtener el código XML. Bastará copiar la URL generada al navegador, programa o sitio web de destino.

Los agregadores de Technorati y Google te permitirán incluir la página en los favoritos online de estos servicios y compartirlos con otros usuarios.

'Romanorum Vita' conta xa coa metade das visitas guiadas reservadas

Compartir en: Facebook Twitter Menéame Chuza!
Agencias - Lugo - 08-02-2012

Case a metade das 137 visitas guiadas á exposición 'Romanorum Vita', inaugurada hoxe en Lugo, foi xa reservada por centros escolares e outros colectivos interesados en realizar unha 'auténtica inmersión' na vida dunha cidade romana do ano 79 d.C.


A exposición itinerante, patrocinada pola obra social de La Caixa, recrea dúas rúas dunha cidade imperial, con atención ao aspecto visual, pero tamén ao 'mundo sonoro' e ata aos 'cheiros' que percibían a diario os habitantes destas urbes.

Trátase, segundo lle explicou a EFE o comisario da exposición, Magí Seritjol, de 'darlle vida ás pedras, porque as pedras son pedras e hai que conservalas', pero ao explicar o día a día dunha cidade romana 'todo gaña moito máis valor'.

'Non se trata dunha exposición científica que ensine algo novo relacionado coa investigación do mundo romano, senón que é unha mostra divulgativa, para o gran público, que pretende dar unhas pinceladas sobre como podían vivir os nosos antepasados', precisou Magí Seritjol.

'Intentamos recrear os sons que había nunha rúa romana', engadiu o comisario, de xeito que os visitantes poderán percibir o mundo sonoro da cidade, pero tamén os cheiros, porque na vía pública, 'como había moitos animais, evidentemente non ulía a rosas'.

A exposición foi inaugurada esta mañá na praza Horta do Seminario e estará aberta do 8 de febreiro ao 28 de marzo, en horario de mañá e tarde, e a entrada será gratuíta.

No acto inaugural participaron o alcalde da cidade, José López Orozco; o delegado xeral de La Caixa en Galicia, Marc Arthur Benahamou; e o secretario xeral da Fundación La Caixa, Luis Reverter, ademais do comisario da exposición.

A mostra, inaugurada o ano pasado en Zaragoza, non estará en 2012 en ningunha outra cidade galega.

Tiempo estimado de lectura: 1 min 15 seg Comentarios: 0 Imprimir el artículo Agregar a favoritos Descargar en PDF Enviar por correo Texto normal Texto grande
Barreiros sinopsis Barreiros trailer