Jueves 24 de mayo de 2012
última actualización: 12:26
última actualización: 12:26
Última hora:
n n nAs palabras, sabémolo todos, case nunca son suficientes para expresar os sentimentos.
Por iso están os sorrios, os abrazos, os xestos, as caricias... para compartir emocións, alegrías ou penas as persoas que se queren. E o outro día no funeral de Nemy houbo moito abrazo, moita ollada complice, moita bágoa contida e serena, moita dor íntima e compartida e tamén, aínda que oculta, moita alegría. Porque o que había de verdade flotando sobre a nube de irrealidade conque se viven eses momentos, era moito amor. Como dixo meu irmán Nemesio nas fermosas palabras de agradecemento e despedida aos que asisitiron ao funeral de Santo Domingo, sabemos que as penas compartidas se dividen e as alegrías multiplícanse. E asístenos neste momento inevitablemente doloroso, a certeza moral de que é fácil multiplicar alegría polo número de persoas que coincidiron con Nemy. Porque os que gozamos do seu trato, como filla, como irmá, como cuñada, como tía, como profesora, como amiga, como clienta, eramos conscientes de estar ante un ser excepcional. Unha persoa marabillosa que sempre tratou de esparexer enerxía positiva, felicidade ao seu redor. Nemy quería moito e era moi querida. A familia, as amigas, os amigos, as amigas e amigos da familia en calquera xeración, as alumnas, os pais, os camareiros, os mecánicos, as peluqueiras... queríaa todo o mundo con quen tiña trato... Era ben fácil querela. Porque sempre tiña a man unha palabra amable e un xuízo xeneroso e sempre trataba de contribuír ao benestar, á felicidade, dos que a rodeaban. Por activa. Charlando. Animando. Intercedendo. Recomendando. E por pasiva. Escoitando. Calando. Empatizando co que sufría.
Dicíannos alí no funeral as súas alumnas de Castroverde e de Calvos que as súas clases foran sempre unha fest