b1La Región de Ourense de la A a la Zb2Buscar en La Región de Ourenseb3
Galerías
Encuestas
¿Deben seguir las tropas españolas en Afganistán?
  
  
No

RSS, OPML y ATOM
RSS 2.0 RSS 1.0 RSS 0.91 ATOM 0.3 OPML
Agregadores
technorati Google

Los feeds de RSS, Atom y OPML permiten importar de forma automática el contenido de La Región de Ourense. Pulsa para obtener el código XML. Bastará copiar la URL generada al navegador, programa o sitio web de destino.

Los agregadores de Technorati y Google te permitirán incluir la página en los favoritos online de estos servicios y compartirlos con otros usuarios.

A Xunta descarta que as bonecas ’falen’ en galego pola ’fría receptividade’ da industria

O sistema operativo Windows Vista e o programa Office 2007 terán versión e traductor en abril
Tiempo estimado de lectura: 3 min 15 seg Comentarios: 0 Enviar a redes sociales Imprimir el artículo Agregar a favoritos Descargar en PDF Enviar por correo Texto normal Texto grande
AGENCIAS - SANTIAGO - 29-03-2008

As bonecas non falarán en galego, polo menos a curto plazo, segundo dixo onte no Parlamento a secretaria xeral de Política Lingüística (PSOE), Marisol López, respostando a unha pregunta do deputado do BNG Bieito Lobeira. A razón estriba na ’fría recep tividade por parte da industria xogueteira’, que reclama a venda dun determinado número de xoguetes para asumir a petición. Lobeira apuntou que a resposta amosa unha discriminación hacia Galicia, xa que as bonecas sí que falan en castelán e catalán.

A secretaria xeral de Política Lingüística, Marisol López, descartou onte que os bonecos ’falen en galego’ a curto prazo debido á ’receptividade fría’ da industria por un motivo de ’tipo económico’, xa que esixe garantías ’de que se vai facer unha compra importante’ deste tipo de xoguetes.

En resposta a unha pregunta oral do Grupo do BNG na Comisión de Educación e Cultura, a secretaria xeral recalcou que ’a curto prazo non se ve un cambio importante na situación’ e trasladou a ’dificultade de intervención pública’ no sector ante a ’esixencia’ dos fabricantes de ’garantir se en Galicia se vai facer unha compra dun número importante de bonecas’.

’E algo que un poder público non pode garantir’, aseverou Marisol López, que precisou que ’a Secretería Xeral non pode comprar bonecas’. Así, indicou que fai ano e medio o seu departamento iniciou contactos con empresas xugueteiras para ’transmitir o interese de que as bonecas falen galego’.

Neste sentido, a secretaria xeral de Política Lingüística mostrou a disposición da Xunta a ’seguir mantendo contactos’ coa industria para ’trasladar de modo insistente as inquedanzas ante a súa postura ríxida’. Deste modo, avogou por ’estimular a creación de nova demanda e incidir nunha maior sensibilización da oferta’.

Así mesmo, López destacou que, no marco do traballo do Goberno galego para promover o uso do galego, a principios do mes de abril será presentada a versión en galego do sistema operativo ’Windows Vista’ e o programa informático ’Office 2007’, con corrector en galego. Tamén comentou que ’está a punto de saír’ o corrector en galego para o sistema operativo Macintosh de Apple co obxectivo de responder a ’unha necesidade urxente para a cidadanía que usa Mac’.



Galeguización

O deputado nacionalista Bieito Lobeira reivindicou a galeguización dos xoguetes xa que, ao seu xuízo, a infancia ’está necesitada de iniciativas normaliza doras’. ’¿Por que razón os bonecos non poden falar en galego? ¿Por que os filmes infantís non se poden escoitar en galego? ¿Peter Pan naceu en Alcorcón ou Bambi criouse en Almería con outros cervos?’, preguntou e matizou que si se dispoñen de versións en inglés e catalán.

Tamén rexeitou a actitude ’dalgún deputado’ por non usar a lingua galega no Parlamento. ’Shin Chan non ten problema para falar galego pero algún deputado ten problemas para facelo’, espetou e recordou que ’algúns din que o español está perseguido en Galicia’. Tras as intervencións, o deputado popular Ignacio López Chaves pediu a palabra para recordar que, segundo o regulamento da Cámara autonómica, está permitido o uso de ambas as dúas linguas no Parlamento.

A secretaria xeral incidiu no traballo que desempeña o seu departamento para fomentar o uso do galego entre o público máis novo e avanzou que a Secretaría Xeral de Política Lingüística contratou para este ano a publicación e distribución de catro DVDs, dous de Doraemon e outros dous de Shin Chan. Ademais, indicou que non descarta ampliar a oferta a un público de idade maior.

Nesta liña, sinalou que, ademais de promover a lectura en galego e as cancións de berce, entre outras, o seu departamento traballa para que ’a final de ano’ haxa máis modelos de móbiles ’en galego’, para o que manteñen contactos coas operadoras de móbiles. Con todo, subliñou que ’o galego está a gañar novos espazos’ e trasladou a intención de que continuar ’coas liñas actuais abertas’ porque ’son as máis eficaces’.

Tiempo estimado de lectura: 3 min 15 seg Comentarios: 0 Enviar a redes sociales Imprimir el artículo Agregar a favoritos Descargar en PDF Enviar por correo Texto normal Texto grande
Leído 581 veces
Palabras relacionadas: bonecas
Barreiros sinopsis Barreiros trailer