La Región de Ourense de la A a la ZBuscar en La Región de Ourense
Galerías
Encuestas
¿Te parece justa la condena del Tribunal Supremo a Garzón?
  
  
No

RSS, OPML y ATOM
RSS 2.0 RSS 1.0 RSS 0.91 ATOM 0.3 OPML
Agregadores
technorati Google

Los feeds de RSS, Atom y OPML permiten importar de forma automática el contenido de La Región de Ourense. Pulsa para obtener el código XML. Bastará copiar la URL generada al navegador, programa o sitio web de destino.

Los agregadores de Technorati y Google te permitirán incluir la página en los favoritos online de estos servicios y compartirlos con otros usuarios.

Cruce de críticas entre Amil y Ucha por ayudas de Cultura

Compartir en: Facebook Twitter Menéame Chuza!
X.A. Reboiro - Carballiño - 16-10-2008

O voceiro do BNG na Corporación do Carballiño, Manuel Amil, considera que ‘as acusacións verquidas pola concelleira Inmaculada Ucha encol das axudas de Cultura son totalmente falsas’. O concelleiro invitou a tamén edil de Facenda ‘a preocuparse pola auditoría e o pago das débedas ós acredores’.

As declaracións da concelleira de Cultura do Carballiño, Inmaculada Ucha, nas que asegura que ‘da consellería do BNG non recibimos ningunha subvención’, foron respostadas onte polo voceiro nacionalista na Corporación, Manuel Amil Otero.

‘Teño que lembrarlle que a xestión e mantemento do Auditorio municipal corresponde ó equipo municipal de goberno, por iso a concelleira trata de tapar a súa irresponsabilidade acusan do á Consellería de Cultura de cousas que non son certas’, sinalou o edil do BNG.

Manuel Amil apuntou que ‘o Festival do Teatro Galego que se celebra en setembro está subvencionado ó 80% polo departamento autonómico e que o ano pasado concedéronse 60.000 euros para arranxos no propio Auditorio do Carballiño’. E engadiu que ‘se está a colocar cés pede sintétivo no campo da Uceira cun investimento de 600.000 euros da Secretaría Xeral para o Deporte, da mesma consellería do BNG’.

Amil Otero tamén lembrou que ‘Inmaculada Ucha é a concelleira de Facenda e debería preocuparse máis por contratar a auditoría das contas municipais que foi aprobada en pleno hai catro meses e de pagar ós acredores do Concello, no canto de facer falsas críticas’.

Tiempo estimado de lectura: 1 min 15 seg Comentarios: 0 Imprimir el artículo Agregar a favoritos Descargar en PDF Enviar por correo Texto normal Texto grande
Palabras relacionadas: CriticasAmilCarballiño
Barreiros sinopsis Barreiros trailer