b1La Región de Ourense de la A a la Zb2Buscar en La Región de Ourenseb3
Galerías
Encuestas
¿Deben seguir las tropas españolas en Afganistán?
  
  
No

RSS, OPML y ATOM
RSS 2.0 RSS 1.0 RSS 0.91 ATOM 0.3 OPML
Agregadores
technorati Google

Los feeds de RSS, Atom y OPML permiten importar de forma automática el contenido de La Región de Ourense. Pulsa para obtener el código XML. Bastará copiar la URL generada al navegador, programa o sitio web de destino.

Los agregadores de Technorati y Google te permitirán incluir la página en los favoritos online de estos servicios y compartirlos con otros usuarios.
¿Camiño Mozárabe?
Xabier Limia de Gardón
Tiempo estimado de lectura: 3 min 00 seg Enviar a redes sociales Imprimir el artículo Agregar a favoritos Descargar en PDF Enviar por correo Texto normal Texto grande
27-10-2008
Xabier Limia de Gardón
Os camiños do sur para Santiago que pasaban pola provincia de Pontevedra era os procedentes de Portugal. A través de Tui, principalmente. Outros eran os que por Zamora, desde Sevilla, ían cara Astorga, a antiga capital do conventus romano da Gallaecia, ata onde chegaba a grande rota que viña do leste, desde Francia. Era o nó dos camiños, cara o antigo reino de Galicia, pois desde aquí ían a traveso dos montes dos Ancares cara Santiago, ou ben cara outros destinos. Pola nosa provincia, desde Portugal, viñan os cristiáns desexosos de axeonllarse ante o sartego do Apóstolo. De Zamora, reino de León, e do condado portucalense (logo reino), pois. Eran xentes que procedían do interior de Portugal, terras fronteirizas de León, e deste reino, que se estendía máis aló do Douro, cara a Estremadura, territorios noutrora de Al Andalus, onde vivían aínda cristiáns, en minoría. Eran os mozárabes, ou arabizados.

Hai desde moi cedo, na cronoloxía xacobípeta, un claro desexo de emulación con Roma, a sede apostólica. Así o Bispo Sisnando fai unha estrutura arquitectónica en Compostela semellante, paralelo que é de feito unha refundación apostólica nos inicios do século X. A construción deste importante centro, trala consagración do espazo, é un símbolo maior, pola teofanía na que se basea: o descubrimento do sartego de Santiago, que é o omphalos, o embigo deste novo mundo. E na pretensión de prestixio está desde os primeiros tempos San Rosendo, quen é consagrado, por vez primeira cómo Bispo de Santiago no ano 974, equiparándose a Roma, polo que baterá con ela.

A repoboación, é o cerne que cualifica esta época entre o século X e o século XI. O propio San Rosendo naceu de nobres do reino AsturLeonés nas afastadas terras do sur, en Santo Tirso, perto da cidade de Porto. E fai a súa fundación monástica en Celanova con arquitecturas do sur, filocordobesas, sen esquecerse da herdanza asturiana. Do sur para o norte, do norte para o sur: un movemento sempre pendular.

Aínda máis: as fundacións mozárabes,un supoñer, son de xentes do norte, sendo a de San Miguel de Celanova a proba, a verdadeira crave de bóveda do asunto. Nese tempo, os asturianoleoneses arranxaron a igrexa de Bande, logo priorado de Celanova, cómo tamén o foi a de San Pedro de la Nave, de Zamora. Ámbalas dúas son eximios exemplos de arte visigótico.

Que os que camiñan a Santiago desde o sur non se esquezan de que levan a cuncha, símbolo das boas obras, cómo ben expresara nun famoso sermón recollido no Liber Sancti Iacobi no século XII. E que as xentes procedentes de Braga, de Montalegre, Vinhais e Bragança sigan a pasar. E tamén esas outras que proveñen de máis ó sur.

A reliquia de San Torcuato, varón apostólico en Celanova, e do Santo Cristo de Ourense, eran a causa. E non se debe esquecer que aínda están entre nós.

A vía dos mozárabes foi a vía da prata. Mais ata nós os camiños viñan e veñen tamén do sur, por Portugal. Todos son os camiños do sueste.E xa aquí todos son de Ourense. As Asociacións, cómo a Galega, ou a de Ourense, principais revitalizadoras dos camiños a Santiago nos tempos recentes teñen a palabra. Mais de chamarse mozárabe, a de Ourense vai ter que mudarse a León, pois leva o nome de Asociación de Amigos Vía da Plata (así) desde o seus comezos.

Os mellores desexos para a terceira semana cultural que hoxe inicia. O camiño por Ourense está identificado: cumpre atinar coa denominación axeitada, que una xeografía, e historia, con un concepto emanado desde os nosos días.


Barreiros sinopsis Barreiros trailer