La Región de Ourense de la A a la ZBuscar en La Región de Ourense
Galerías
Encuestas
¿A quién beneficia la reforma financiera que prevé sacar al mercado viviendas más baratas?
  
A los bancos
  
A las inmobiliarias
  
Al ciudadano
  
A nadie

RSS, OPML y ATOM
RSS 2.0 RSS 1.0 RSS 0.91 ATOM 0.3 OPML
Agregadores
technorati Google

Los feeds de RSS, Atom y OPML permiten importar de forma automática el contenido de La Región de Ourense. Pulsa para obtener el código XML. Bastará copiar la URL generada al navegador, programa o sitio web de destino.

Los agregadores de Technorati y Google te permitirán incluir la página en los favoritos online de estos servicios y compartirlos con otros usuarios.
Feijóo en Babel
Rosa Enríquez
Tiempo estimado de lectura: 1 min 45 seg Enviar a redes sociales Imprimir el artículo Agregar a favoritos Descargar en PDF Enviar por correo Texto normal Texto grande
16-04-2009
Rosa Enríquez
Na Carta Europea das Linguas Minoritarias (Estrasburgo, 1992) indicábase que as Partes debían, entre outras cousas, defender ‘a necesidade dunha acción clara de fomento das linguas minoritarias, coa finalidade de salvagardalas’, amais de procurar, por suposto, o seu emprego oral e escrito. Até aquí todas e todos contentos/as. Os/as galego falantes por ter un apoio para protexer o galego dos/as lingüicidas, e unha parte importante dos/das falantes de castelán, por entender o acordo dende un punto de vista condescendente, de certo mesmo exótico.

O problema comeza cando os sectores nacionalistas propoñen maior rigorosidade na aplicación das accións para evitar a desaparición do noso idioma a través do decreto (124/2007) que agora Feijoo pretende derrogar aludindo a non sei que cordialidade extinta na convivencia de ambas linguas, xa saben, o castelán e a nosa, o galego.

O novo presidente, no seu discurso de investidura fixo referencia ao conflito lingüístico existente como algo novo no noso país pois, segundo explicou, e transcribo as súas palabras: ‘Durante moitos anos, as cuestións lingüísticas non suscitaron ningún problema para os galegos e as galegas. A convivencia pacífica entre galego e castelán, castelán e galego, era un exemplo do noso carácter integrador’.

Alucinante visualización do inexistente. Como pode afirmar algo así, deixando entrever públicamente o seu profundo descoñecemento, unha vez máis, da situación lingüística do idioma galego? Non le Feijoo os xornais? Non mirou o novo mapa da situación sociolingüística presentada polos representantes de A Mesa? Daquela non sorprende que asegure iso de que o conflito é unha novidade na sociedade galega, mais esta afirmación obedece unicamente á falta de información do conservador, non á realidade.

Antes, o que acontecía era que o galego non se falaba no ensino, a educación nas ‘Hispanescolas’ era maioritariamente na lingua de Cervantes, anque para iso non houbo necesidade de ningún decreto, funcionou a política de feitos consumados. Por esta razón, o conflito non existía. O catalizador foi simplemente a esixencia dun compromiso que os castelán falantes, por soberbia e desprezo, quixeron evitar a toda costa dende o primeiro momento.

Unha vez máis, o atávico afán imperialista e o pensamento uniforme, unha vez máis autoxenreira e complexo de inferioridade, isto é, falta de amor polo propio. Así de triste.


Barreiros sinopsis Barreiros trailer