b1La Región de Ourense de la A a la Zb2Buscar en La Región de Ourenseb3
Galerías
Encuestas
¿Deben seguir las tropas españolas en Afganistán?
  
  
No

RSS, OPML y ATOM
RSS 2.0 RSS 1.0 RSS 0.91 ATOM 0.3 OPML
Agregadores
technorati Google

Los feeds de RSS, Atom y OPML permiten importar de forma automática el contenido de La Región de Ourense. Pulsa para obtener el código XML. Bastará copiar la URL generada al navegador, programa o sitio web de destino.

Los agregadores de Technorati y Google te permitirán incluir la página en los favoritos online de estos servicios y compartirlos con otros usuarios.
María do Ceo: o premio auténtico
Xosé Manuel Piñeiro
Tiempo estimado de lectura: 3 min 00 seg Enviar a redes sociales Imprimir el artículo Agregar a favoritos Descargar en PDF Enviar por correo Texto normal Texto grande
21-12-2007
Xosé Manuel Piñeiro
Nun tempo tan difícil e polémico na industria discográfica, cánones da SGAE incluidos, o poder celebrar a venta en Galicia de 4.000 exemplares dun disco galego, ademáis dun acto heroico convértese nun motivo de auténtica ledicia. Se ademáis lle engadimos que está protagonizado por unha muller feita a sí mesma, loitadora desde o berce probe pero amoroso do seu Portugal natal e grande no corazón, na voz e na amizade, temos todo o necesario para sentírmonos un chisco máis felices.

Non é a primeira vez que lle dedico estas liñas á miña gran amiga María do Ceo, pero penso seguilo facendo moitas veces porque creo que ademáis do cariño que nos une, é un acto de auténtica xustiza para cunha artista que unindo Galicia e Portugal dignifica tanto a canción popular galega como o fado portugués, cantado xa con tanto acento ourensán coma do Porto e facendo realidade isa teima tan súa de unir as ’Dúas almas do Miño’.

Non foi fácil estar onde está María do Ceo, créanme se lles digo que loitou contra vento e marea, e que moitas institucións e entes públicos, como a televisión que pagamos todos, non souberon ou non quixeron recoñecela como a artista que era e é. Eu non me vou poñer ningunha medalla porque ós amigos non se lles venden os favores, pero ela sabe, como o souberon outros grupos e solistas, que sempre que puiden loitei porque a súa voz e a súa arte chegaran o máis lonxe posible. Igual isto facémolo aqueles que tivemos que pelexar moi duro para facer carreiras ou subir a escenarios; porque valoramos coma ninguén a lealtade, a solidariedade e o repecto polo traballo. E seguramente a amiga María sabe que das zancadillas e das envexas malignas tamén se aprende e sáese máis fortalecido.

Coincido plenamente co gran Nonito Pereira en que hai que reactivar a industria discográfica galega, sen complexos á hora de premiar a quen o merece, como é o caso deste disco de María do Ceo; porque é o premio auténtico, o que outorga o público, o pobo sabio; non eses premios que se inventan algúns para darse bicos entre sí e dicir que son moi bós e moi guapos, aínda que nin os escoiten nin os vexan os da súa propia casa por malos, aburridos e vendedores de fume.

Contáronme que nesta entrega do Disco de Platino Galego houbo alguén que se emocionou moito cando a artista lle deu as gracias por todo o seu apoio durante os anos difíciles de darse a coñecer. E está ben que se emocione o amigo Baltar, don José Luis, porque é de xustiza dicir que sempre estivo aí para apoiar a María do Ceo dentro e fora do seu feudo provincial. Non che é de estrañar querida Maria, porque deixando a un lado debates políticos estériles e xentes que non saben distinguir o leite do café, hai que ser agredecidos na vida; e cando alguén aposta por ti sen pedirche nada a cambio, soamente queda dicir: gracias amigo. E se alguén ve nisto un mero oportunismo político non hai que preocuparse, é que a cabeciña non lle da para máis.

Disfruta querida María do Ceo, vive estes momentos a tope porque os tés máis que merecidos; faime o favor de vir ó ’Acompáñenos’ da tarde do 24 para cantar e contar o que che pete, porque de artistas coma tí está necesitada esta terra; de persoas que, cal formiguiñas, constrúen País sen pregonalo os catro ventos. E, sen esquecer a terra que te víu nacer, segue presumindo de ser profeta neste outro lado do Miño. Gañáchelo a pulso querida miña.


Barreiros sinopsis Barreiros trailer