b1La Región de Ourense de la A a la Zb2Buscar en La Región de Ourenseb3
Galerías
Encuestas
¿Prohibiría usted las corridas de toros en Galicia?
  
  
No

RSS, OPML y ATOM
RSS 2.0 RSS 1.0 RSS 0.91 ATOM 0.3 OPML
Agregadores
technorati Google

Los feeds de RSS, Atom y OPML permiten importar de forma automática el contenido de La Región de Ourense. Pulsa para obtener el código XML. Bastará copiar la URL generada al navegador, programa o sitio web de destino.

Los agregadores de Technorati y Google te permitirán incluir la página en los favoritos online de estos servicios y compartirlos con otros usuarios.
A revolta que abaneou Arxentina
Manuel Mera
Tiempo estimado de lectura: 3 min 15 seg Enviar a redes sociales Imprimir el artículo Agregar a favoritos Descargar en PDF Enviar por correo Texto normal Texto grande
19-05-2009
Manuel Mera
Vai facer agora 40 anos, o vindeiro 29 de maio, que a Arxentina tremeu polo ‘Cordobazo’, a máis importante dunha xeira de revoltas sociais no interior do país que se deron durante a presidencia de Ongania (en Rosario, Mendoza, Corrientes, Córdoba, Tucumán, Catamarca, Cipoletti...). Son tempos de governo militar e persecución das forzas de esquerda e populares. Era aquela unha etapa de conflito entre as dúas grandes potencias que defendían modelos contrapostos, o que alentou non só a descolonización senón tamén grandes movementos populares a prol da xustiza social. Colocouse na vangarda desta loita na Arxentina a clase obreira, porén asemade tamén tivo unha grande participación o estudantado. Dábanse moitos casos como o meu, un mozo dos arrabaldos de Bos Aires, que traballaba durante o día na fábrica e estudaba polas noites na Facultade de Enxeñería.

Algúns dados sobre o país naquel intre. No ano 1966 asumía o governo da República o xeneral Juan Carlos Ongania, despois dun golpe militar contra Arturo Illia, do Partido Radical. No ano 2000 a Arxentina tiña 24 millóns de habitantes, deles un 9,3% naceran no estranxeiro, moi concentrados en Bos Aires e arredores; o 26,6% da povoación do país estaba ocupada na industria (1968); o PIB por persoa medrou un 2,9% en 1969, e o ingreso por habitante en 1972 era de 1.366 dólares, fronte a 5.550 nos Estados Unidos e 1.751 no Estado español. Córdoba, o centro urban que lembro neste artigo, está no interior do territorio a setecentos quilómetros de Bos Aires, tiña daquela 650.000 habitantes, e unha importante industria do automóbil e aeronáutica. Nesta cidade o sindicalismo era moi combativo, destacando dirixentes como Tosco, Atilio López, Elpidio Torres, etcétera.

As protestas alentadas pola Confederación General del Trabajo nucleada arredor de Ongaro (CGT de los Argentinos) contra o aumento dos produtos de primeira necesidade, porén tamén aspectos exclusivamente laborais como a anulación da Lei do sábado inglés que atinxía ao sector metalúrxico e zonas do país. O sindicalismo de Córdoba tiña andaina propia, á marxe da división sindical na cúpula, permitindo unha maior unidade pola base. A resposta obreira e estudantil dará lugar a fortes enfrontamentos entre manifestantes e a policía, salientando os que se producen o 23 de maio no barrio de Clínicas, que deixan unha grande cantidade de feridos. O descontente social e a represión van a máis, e o día 29 ‘estoupa’ o Cordobazo. Durante perto de 12 horas chocan grupos de manifestantes con forzas de seguridade, ate que o exercito faise cargo da situación (...) axiña os enfrontamentos estendéronse a toda a cidade (...) desde numerosos edificios francotiradores descargaban as súas armas contra as forzas do orde. Os tiroteos alargáronse ate o anoitecer, aínda que se impuxo o toque de queda a partir das 17 horas (...) Segundo se informa son 14 os mortos (...) o Cordobazo deixou fondas feridas pra alén da orde física (El Gobierno de Ongania, Gerardo Bra, Centro Editor de América Latina).

Sobre o número de mortos e feridos reais, todos coinciden en que foron moitos, porén ‘Nunca se fixou con seriedade (...) as estimacións oscilan entre catorce e máis de trinta’ (Luís Reinaudi, El Cordobazo, revista Umbrales). Neses días tamén houbo revoltas e mobilizacións noutras partes do país, como en centrais de azucre de Tucumán e en Salta (que o governo queria pechar), e ademais na universidade da Prata. A represión polos sucesos de Córdoba foi extremadamente dura: Agustín Tosco, dirixente do sindicato de Luz y Fuerza, é sentenciado a oito anos de cárcere, Elpidio Torres a catro anos e oito meses, Viador Moreno a cinco anos, Mario Soresi a un ano e tres meses, a Hugo Osadan a oito meses.

Este, como tantos outros conflitos sociais, que as veces semella que rematan en derrota, ao final deixan a semente do triunfo. Un ano despois do Cordobazo cae Ongania e en 1973 o réxime militar reacionario, que nacera con falsas promesas de soberanía e xustiza social.


Barreiros sinopsis Barreiros trailer