La Región de Ourense de la A a la ZBuscar en La Región de Ourense
Galerías
Encuestas
¿A quién beneficia la reforma financiera que prevé sacar al mercado viviendas más baratas?
  
A los bancos
  
A las inmobiliarias
  
Al ciudadano
  
A nadie

RSS, OPML y ATOM
RSS 2.0 RSS 1.0 RSS 0.91 ATOM 0.3 OPML
Agregadores
technorati Google

Los feeds de RSS, Atom y OPML permiten importar de forma automática el contenido de La Región de Ourense. Pulsa para obtener el código XML. Bastará copiar la URL generada al navegador, programa o sitio web de destino.

Los agregadores de Technorati y Google te permitirán incluir la página en los favoritos online de estos servicios y compartirlos con otros usuarios.
Pervivencias coloniais no Perú
Manuel Mera
Tiempo estimado de lectura: 3 min 15 seg Enviar a redes sociales Imprimir el artículo Agregar a favoritos Descargar en PDF Enviar por correo Texto normal Texto grande
23-06-2009
Manuel Mera
O actual mandato de Alan García no Perú está tinguido de conflitos cos sectores populares, o que fixo que perdera con rapidez a maior parte do apoio que obtivera nas eleicións do ano 2006 fronte a Ollanta Humala do Partido Nacionalista Peruano. Alan García xa fora presidente de Perú entre 1985 e 1990 caracterizándose aquel como un período histórico de hiperinflación, aumento da violencia armada e da corrupción, abríndolle deste xeito o camiño a Fujimori. O actual presidente pertence ao APRA (Alianza Popular Revolucionaria Americana), que naceu como unha organización de esquerda latinoamericanista, fundada por Haya de La Torre en 1924, e que nas últimas décadas foi virando cara posturas centristas, mesmo neoliberais e de apoio aos planos que sobre a rexión ten os Estados Unidos. No seu momento o APRA mesmo tivo un peso importante no movemento obreiro.

De pouco valeu que a economía medrase no Perú nos últimos anos (un 8,9% en 2007 e 9,4% en 2008, dados da CEPAL) e que o desemprego urban non chegue ao 10%, porque o crecemento non se distribuíu nas clases subordinadas, e asemade fíxose a costa da entrada de capitais especulativos e afectando a proteción do medio ambiente. Segundo un informe da CEPAL os salarios medios reais con base cen no ano 2000 estaban no 2008 en 106,5 puntos, ou sexa, un aumento mínimo, que reflicte a concentración da riqueza nunha estreita franxa da povoación. Ademais, o Perú, como outros países de América Latina, malia a importante entrada de capitais das grandes potencias, transfire recursos netos ao exterior, que no ano 2008 foron por un valor de 465 millóns de dólares.

Abrir as terras indíxenas, pra explotación empresarial de petróleo e cultivo de plantas produtoras de biocarburantes na Amazonia peruana, é unha imposición do Tratado de Libre Comercio cos Estados Unidos, pra favorecer a inversores estranxeiros. A decisión, contestada polos partidos da oposición e as centrais sindicais, especialmente pola CGTP, afecta ás comunidades de indios awajún, que deci diron cortar as estradas. O envío do exército e máis forzas policiais pra abrir as vías de comunicación dexenerou en violentos enfrontamentos, deixando no lugar da curva del Diablo nada menos que 30 awajúns mortos, 50 detidos e outros 85 que non retornaron ás súas comunidades de orixe. Un enfrontamento que amosa a desesperación dos indíxenas, xa que eran uns 4.000 armados con lanzas, contra tropas que dispuñan de material de guerra, incluíndo tanquetas e helicópteros. A valoración que fixo dos feitos Alan García foi inxusta, provocativa cos indíxenas, ao argumentar que 400 mil non poden decidir máis que todos os peruanos. O presidente agocha que un 76,3% da povoación da provincia de Condorcanqui, maioría dela awajún, vive na pobreza. A decisión do Parlamento de adiar 90 días a aplicación da nova lexislación foi definido polos indíxenas como un insulto, aínda que agora o Governo semella recuar e xa fala de derogación do decreto 1.090.

O Governo de Perú optou pola represión, en lugar do diálogo, pra resolver un conflito que está orixinado pola súa submisión aos intereses dos grandes grupos económicos internacionais. Mesmo utiliza a demagoxia cando fala do complot externo, en clara referencia a Bolivia, xa que Evo Morales ten problemas abondo no seu país e nunca interferiu fóra das fronteiras. A decisión da fiscalía de acusar a cinco dirixentes da Asociación Interétnica de Desarrollo de la Amazonia de delito contra a tranquilidade pública, agravio ao Estado e apoloxía da sedición e motín non fai máis que botar pólvora no lume. O conflito mantense polo tanto vivo, co exército vixiando as comunidades indíxenas e toque de queda. En todo o Perú as forzas sociais e a oposición política convocaron ao povo á solidariedade e a unha folga xeral. Asemade, o conflito internacionalizouse, xa que o principal dirixente da Asociación Interétnica, Alberto Pizango, exiliouse na Embaixada de Nicaragua. Estes feitos amosan que, malia ser un 45% da povoación, e dos avances noutros países da rexión, aos indíxenas peruanos aínda non lles chegou o tempo do recoñecemento, xustiza e protagonismo, que lles corresponde.


Barreiros sinopsis Barreiros trailer