La Región de Ourense de la A a la ZBuscar en La Región de Ourense
Galerías
Encuestas
¿Te parece justa la sanción de dos años a Contador por dopaje?
  
  
No

RSS, OPML y ATOM
RSS 2.0 RSS 1.0 RSS 0.91 ATOM 0.3 OPML
Agregadores
technorati Google

Los feeds de RSS, Atom y OPML permiten importar de forma automática el contenido de La Región de Ourense. Pulsa para obtener el código XML. Bastará copiar la URL generada al navegador, programa o sitio web de destino.

Los agregadores de Technorati y Google te permitirán incluir la página en los favoritos online de estos servicios y compartirlos con otros usuarios.
A crise irreductible
Rosa Enríquez
Tiempo estimado de lectura: 1 min 45 seg Enviar a redes sociales Imprimir el artículo Agregar a favoritos Descargar en PDF Enviar por correo Texto normal Texto grande
20-08-2009
Rosa Enríquez
Pertenzo e pertencemos /nós/ a un país sen estela propia/cincento/ e inseguro/ aplacado polo desexo asumido/ de ser como a xente’. Así considera o autor deste libro, ‘A crise irreductible’, que vivimos na Galiza, presionados pola ‘verdade’ cimentada na mentira social dunha esquerda que, segundo o propio poeta afirma nos seus versos, ‘adiantou pola dereita’ por mor de facer ‘carreira política’. Indomábel, Momán renuncia, a través da palabra, a formar parte da fraude globalizadora, da opresión a que nos somete o capitalismo e comprométese, esculcando nos buratos do incómodo, do que fica oculto detrás das teas vaporosas, dos ‘campos permanentemente en primavera’.

Neste difícil exercicio de manifestar o descontento sen artificios, interesa a visión da xustiza como algo inexistente, por ineficaz. E para que se entenda, o poeta procede a retratar nun dos seus poemas un atraco no interior dun caixeiro. Ninguén poderá evitalo se a vítima non ten forza suficiente para protexerse. Tampouco poderá saír victorioso do potencial forcexeo o victimario -que, a súa vez, é vítima do neoliberalismo económico que nos arrastra- se quen saca os cartos ten máis forza...

Porén, en calquera caso, a cámara gardará na memoria as imaxes e listo, traballo feito. A sociedade sentirá que así lava a súa conciencia, mais o conflito socioeconómico continúa e a mentira da felicidade seguirá aí, na engrenaxe mesiánica da socialdemocracia galega que non é nin social nin demócrata. Que clase de democracia é esta na que os poderosos de todos os ámbitos énchense a boca falando de igualdade de oportunidades cando, a pé de obra, os extras da película do abuso continúan a ser os mesmos de sempre, a saber, os que carecen de cartos, de amigos importantes ou, tamén, porque non dicilo claramente, de beleza? Cando penso nisto venme á mente unha frase moi acaída para os petulantes charlatáns de feira, clara e simple, sen pretensións: non falen tanto de igualdade e practiquen vostedes o que predican.

Alberte Momán teno claro, e, valéndose das palabras de Segneri e Baudrillard, califica a democracia de ‘totalitaria’ e ‘hiperreal’. Así, sempre rigoroso, o espírito de combate verbal latexa en cada poema cunha intelixencia que non remata cando o poemario acaba porque as fondas pozas que o poeta acada para nós, han seguir aí, metidas dentro da cabeza, nas fronteiras do medo.
Barreiros sinopsis Barreiros trailer