b1La Región de Ourense de la A a la Zb2Buscar en La Región de Ourenseb3
Galerías
Encuestas
¿Está de acuerdo con atrasar la edad de jubilación?
  
  
No

RSS, OPML y ATOM
RSS 2.0 RSS 1.0 RSS 0.91 ATOM 0.3 OPML
Agregadores
technorati Google

Los feeds de RSS, Atom y OPML permiten importar de forma automática el contenido de La Región de Ourense. Pulsa para obtener el código XML. Bastará copiar la URL generada al navegador, programa o sitio web de destino.

Los agregadores de Technorati y Google te permitirán incluir la página en los favoritos online de estos servicios y compartirlos con otros usuarios.
¿Festexamos o 25 aniversario?
Afonso Vázquez-Monxardín
Tiempo estimado de lectura: 2 min 30 seg Enviar a redes sociales Imprimir el artículo Agregar a favoritos Descargar en PDF Enviar por correo Texto normal Texto grande
24-11-2009
Afonso Vázquez-Monxardín
Cando se festexaron os vinte anos da caída do Muro moitos pensamos que era unha data rara. Vinte anos. Parecía que o razoable era celebrar os vinte e cinco, tal que un cuarto de século, unhas vodas de prata, unha xeración. E pensamos que, se os alemáns se decidiran a facelo xa nos vinte, era para aproveitar con intelixencia a oportunidade para o relanzamento económico de Alemaña e potenciar turisticamente unha cidade chamada a ser de novo capital dunha Europa colorista e plural.

Se están de acordo comigo en que parece mellor celebrar os vinte e cinco que os vinte, voulles propor un aniversario a facer aquí, entre nós. Iso si, cun aquel de desacougo, porque no fondo sabemos que calquera festexo que se faga pensando en algo que xa pasou é sempre pura nostalxia. ¿E que podemos festexar de hai vinte e cinco anos? Pois varias cousas, por suposto. Que eramos vinte e cinco anos máis novos. O nacemento da nosa actriz máis coñecida, Sara Casasnovas, o comezo das Exposicións de Banda Deseñada. Pero máis escarnecedor sería o vinte e cinco aniversario do vergoñento abandono do Cárcere da rúa do Progreso. Si señor. Podiamos chamar a unhas pulpeiras, á Morocha ou mesmo ao Viadilla de Chantada e facer unha festa municipal -pulpo e carne ao caldeiro- en competencia coa histórica de Xinzo. E que a nosa se chamase ‘Festa do esquecemento de verdade’. Porque é cousa ao xusto revés de como pinta. O que lembran os limiaus, seguindo a Tito Livio en Ab urbe condita é a ‘machada’ pola que o bo do Décimo Xunio Bruto lle ripou o estandarte ao aban deirado do seu exército, pasou o río Lehtes e, non tendo esquecido nada, deu en chamar aos soldados polo nome de pía ata que estes, seducidos, comezan a cruzar as augas. Ou sexa, o que lembran en Xinzo, non é o esquecemento senón a boa memoria.

Porque o esquecemento, meus señores, é máis noso. Entre outros, deste Cárcere Vello nacido co estado moderno en Ourense e pai que foi da rúa da Liberdade -esta denomínase así porque foi derrubado o cárcere municipal medieval que había naquela localización cando se fixo o do Progreso-. ¿Lembran a de paroladas imaxinativas que ao longo dos últimos vinte e cinco anos houbo ao seu redor? ¿Cantos usos lle levamos dado -e esquecido- ao cárcere? ¿Escola de Teatro? ¿Centro de Termalismo? ¿Museo da cidade? É obvio que o falar non ten cancelas pero as institucións deberían ter unha unha seriedade maior e unha axilidade con xeito. O certo é que ás veces as cousas complícanse, pero todos as combinacións gobernamentais en Ourense, Santiago, Madrid, xa existiron sen que isto avanzase, e van alá nestes vinte e cinco anos, miles de días perdidos en discusións, trampas, cambadelas, enganos. En fin, moitas destas cousas, se cadra, se poderían arranxar cunha colaboración entre forzas e institucións diversas, en vez de andase botando area nas engranaxes... que ao final, a quen fastidian é a nós, aos ourensáns do común que nos escorrentan os soños. Os italianos din ‘porca política’. Eu non. Pero tampouco a bendigo.


Barreiros sinopsis Barreiros trailer