La Región de Ourense de la A a la ZBuscar en La Región de Ourense
Galerías
Encuestas
¿Cree que la política de Angela Merkel dificulta la recuperación económica de España?
  
  
No

RSS, OPML y ATOM
RSS 2.0 RSS 1.0 RSS 0.91 ATOM 0.3 OPML
Agregadores
technorati Google

Los feeds de RSS, Atom y OPML permiten importar de forma automática el contenido de La Región de Ourense. Pulsa para obtener el código XML. Bastará copiar la URL generada al navegador, programa o sitio web de destino.

Los agregadores de Technorati y Google te permitirán incluir la página en los favoritos online de estos servicios y compartirlos con otros usuarios.
Conflictividade no Consorcio
Manuel Mera
Tiempo estimado de lectura: 3 min 00 seg Enviar a redes sociales Imprimir el artículo Agregar a favoritos Descargar en PDF Enviar por correo Texto normal Texto grande
22-12-2009
Manuel Mera
O conflito laboral no Consorcio Galego de Servizos de Igualdade e Benestar leva meses ocupando as páxinas dos meios de información (merecidamente), con folgas a cotío apoiadas pola maioría do persoal; polo tanto non se poden considerar protestas conxunturais e moito menos por mor dun interese político. Por exemplo, facendo unha revisión do acontecido nos últimos trinta días, temos: que o pasado 18 de novembro fíxose unha concentración e o 24 do mesmo mes un paro pra rexeitar o despedimento de 61 traballadoras e traballadores das oficinas de I+B e denunciar o seu desmantelamento; un acto o 4 de decembro diante do edificio do Consorcio pra se opoñer á progresiva privatización (como concesións) dos 14 Centros de Día; e o 17 de decembro fíxose unha folga e manifestación onde se reivindicaba ademais das reclamacións xa expostas, a aplicación axiña do convenio colectivo en vigor e, polo tanto, que figuren nos Orzamentos da Xunta de Galiza as partidas necesarias pra facelo efectivo.

O problema atinxe a uns mil traballadores e traballadoras dos servizos centrais, 37 centros de día, 18 oficinas de I+B, e unhas 80 galescolas (voulle seguir chamando deste xeito, xa que non entendo a mudanza do nome, a non ser porque exista unha fobia antigalega). Estamos polo tanto diante dun conflito laboral importante, polo número de persoas afectadas, como por dar prestacións a colectivos sensíbeis, que deberán estar á marxe de calquera tensión deste tipo.

A esta altura a conselleira de Traballo, da que depende esta área, debera saber que non se pode entrar co machado nas relacións laborais, e moito menos en converter aos traballadores en obxectivo político pra facer táboa rasa de todo o feito polo anterior Governo nas áreas nacionalistas. Este é un camiño errado, e rectificar é de sabios. Aínda que, por magoa, polo momento seica triunfa a teimosía e a prepotencia.

Pensar que desde o sindicalismo nacionalista mantense viva esta protesta por razóns políticas é non ollar máis aló do nariz, non saber que xa na época do bipartito fixéranse medidas de presión pra millorar as condicións laborais do colectivo, que permitiron acordos que agora non se queren cumprir. Entre os avances conseguidos estaban a millora salarial e da xornada de traballo, así como a convocatoria de oposicións (que a Xunta paralizou cando asumiu), todas elas son medidas fundamentais, xa que hoxe a maioría dos empregados non chega aos mil euros por mes e hai un alto grau de tempo ralidade nos contratos.

Sen dúbida este conflito dáse por dous motivos diferentes, porén moi relacionados. Por unha banda, o que parece ser o revanchismo contra as áreas do BNG, que semella o actual Governo (cunha certa obsesión) teme estexan contaminadas de galeguismo, e, por outro lado, a finalidade de que toda a actividade pública sexa funcional aos intereses dos grupos económicos, privatizando a súa xestión e facendo delas un negocio seguro (coa garantía da Xunta). Neste tempo de crise, por mor da especulación e da burbulla inmobiliaria (ou sexa, dos grandes grupos económicos privados) non hai argumentos de ningún tipo pra teimar nas privatizacións, xa que non son nen máis rendíbeis (desde o punto de vista social) nen permiten unha prestación máis eficaz e de calidade.

Só se pode entender polo tanto que se alente a privatización de servizos públicos básicos e dirixidos a colectivos dependentes, cando o que prima é a ideoloxía e a defensa de intereses de grupo, por máis que se poña por diante ter gañado unhas eleicións. Asemade, o señor Feijóo debera saber que o apoio da xente é algo que compre referendar todos os días cando se governa.


Barreiros sinopsis Barreiros trailer