La Región de Ourense de la A a la ZBuscar en La Región de Ourense
Galerías
Encuestas
¿Te parece justa la condena del Tribunal Supremo a Garzón?
  
  
No

RSS, OPML y ATOM
RSS 2.0 RSS 1.0 RSS 0.91 ATOM 0.3 OPML
Agregadores
technorati Google

Los feeds de RSS, Atom y OPML permiten importar de forma automática el contenido de La Región de Ourense. Pulsa para obtener el código XML. Bastará copiar la URL generada al navegador, programa o sitio web de destino.

Los agregadores de Technorati y Google te permitirán incluir la página en los favoritos online de estos servicios y compartirlos con otros usuarios.
Pobriños, só morren os pobres
Afonso Vázquez-Monxardín
Tiempo estimado de lectura: 2 min 15 seg Enviar a redes sociales Imprimir el artículo Agregar a favoritos Descargar en PDF Enviar por correo Texto normal Texto grande
09-03-2010
Afonso Vázquez-Monxardín
Hai ben de anos, 22 para sermos exactos, un noso paisano orixinario de Chaguazoso en Ourense levoume dar unha volta en coche polos arrabaldos de Santiago de Chile. Pasamos, encollidos, preto do famoso Estadio Nacional onde tiveran aos presos nos primeiros días do pinochetismo, e despois metémenos por un enxamio de casiñas moi modestas. Realmente eran chabolas de paredes moi endebles e tellados de uralitas e aluminios. E o meu guía, consul honorario de España dunha cidade onda os Andes, díxome: “Aquí es donde, pobriños, mueren los pobres cuando hay terremotos”. E explicoume que en Chile, efectivamente, case só morría nos terremotos a xente pobre, esmagados entre aquelas paredes de adobe ou bloques, guillotinados polas planchas de metal dos tellados. E contoume que no mundo había dúas técnicas distintas para enfrontarse a terras que moito tremen ás dúas beiras do océano de irónico nome: Pacífico. Unha, a xaponesa, baseábase na flexibilidade lograda nos alicerces das construcións a base de elementos de caucho ou goma que facían que as casas abaneasen pero non partisen, como pasa co bambú ou coa palmeira do Pacífico. A outra, da que se amosaba orgulloso, era a alterntiva chilena: o triple de cavilla de ferro por columna ou viga do que levaría en España ou en calquera punto de Europa, e que convertía a calquera construcíón case en rocha pura. Así, un terremoto de 8,5, mortal de necesidade para milleiros de persoas en pagos chaboleiros –tipo Haití-, resulta moitísimo menos mortífero en Chile, aínda que si economicamente destrutor.
Ao pouco coñecín a unha elegante señora de Viña del Mar, casada cun galego que chegara no “Winnipeg”, aquel barco no que Neruda colocara a 2.300 exiliados españois que fuxían da derrota da guerra civil e que arribara a aquelas costas en setembro de 1939, quen, coa máxima das normalidades e serenidades, contaba que prefería que lle regalasen cousiñas de prata que de cerámica, pois cos tremores sempre se lle rompían os cacharriños... e a prata non. Tamén explicaba que cando había un terremoto, todos, sen esperar un momento, partían os pés subindo polo monte arriba por medo ao que ela chamaba aínda “maremoto”, pois aínda non se puxera de moda a palabra “tsunami”.
Claro que eles teñen o vocabulario destes temas clariño. Falan de tremor cando é algo intrascendente, un arreguizo da terra; falan, en xeral, de sismo –e non seismo-, e reservan terremoto, para cando é algo serio e importante. Así que do destes días sempre dirían que foi un terremoto.
Aquilo de que só morren os pobres nos sismos, acompañoume sempre desde o día en que mo aclarou o cónsul. E vendo as imaxes das catástrofes creo que algo de razón tiña. Que sexa leve e se recuperen rápido. Ben o merecen. Téñoos por moi boa xente.
Barreiros sinopsis Barreiros trailer