La Región de Ourense de la A a la ZBuscar en La Región de Ourense
Galerías
Encuestas
¿Te parece justa la condena del Tribunal Supremo a Garzón?
  
  
No

RSS, OPML y ATOM
RSS 2.0 RSS 1.0 RSS 0.91 ATOM 0.3 OPML
Agregadores
technorati Google

Los feeds de RSS, Atom y OPML permiten importar de forma automática el contenido de La Región de Ourense. Pulsa para obtener el código XML. Bastará copiar la URL generada al navegador, programa o sitio web de destino.

Los agregadores de Technorati y Google te permitirán incluir la página en los favoritos online de estos servicios y compartirlos con otros usuarios.
O dez de marzo na lembranza
Manuel Mera
Tiempo estimado de lectura: 3 min 00 seg Enviar a redes sociales Imprimir el artículo Agregar a favoritos Descargar en PDF Enviar por correo Texto normal Texto grande
09-03-2010
Manuel Mera
O dez de marzo de 1972 foi un día triste pra Ferrol e toda Galiza, xa que morrían nas rúas da cidade dous operarios de Bazán e uns trinta resultaban feridos (algúns de gravidade) por mor da represión policial ordenada pola ditadura franquista. Ese mesmo día eran detidas 14 persoas. O conflito xurdiu porque os obreiros do estaleiro Bazán querían negociar un convenio a nivel provincial, separándose do interprovincial no que estaban integrados, xa que neste existía unha correlación de forzas desfavorábel ás reivindicacións de clase.

Comezaron as protestas, a medida que se esgotaba a vía da reclamación verbal e escrita. A empresa respondeu co peche da factoría o día 10 de marzo, polo que os traballadores concentrados nas portas, en número duns 4.000, fixeron unha manifestación pola cidade. Cando foron reprimidos por un grande despregue policial dirixíanse á ponte das Pías. Os da Bazán querían converxer cunha columna de operarios de Astano, o outro grande estaleiro da comarca, situado da outra banda da ría no concello de Fene. A Mariña colocou un barco de guerra cos canóns apuntando á ponte, pra evitar unha mobilización conxunta dos dous grandes estaleiros, e todas as tropas da zona marítima foron acuarteladas.

Os meios informaron presentando aos traballadores como os agresores, deformando a realidade, como era normal durante o réxime franquista. Nos xornais dise que a Policía Armada (os grises) pediran aos manifestantes que se disolveran, que estes nono fixeran e comezaran a guindar pedras contra ás forzas da orde, que contestaron á agresión. Mesmo dábanse cifras de policías mancados, malia que ningún ingresou en centro sanitario, coa evidente intención de amosar que a represión, sen motivos e moi dura, foi unha refrega. Mesmo algún xornal, como o ABC, facéndose eco do comunicado do Governo Civil, destacaba que os alborotadores percorreran as rúas da cidade guindando pedras aos comercios e edificios oficiais, e que as forzas da orde tiveran que se refuxiar nos cuarteis. O “Consejo del Movimiento” cualificaba o acontecido, como: turbios manexos duns poucos criminais fomentadores da violencia, engadindo o de comunistas.
Axiña a protesta alargouse a outras zonas da comarca e do país. Houbo paros en A Coruña e na Universidade Compostelá, porén a maior solidariedade deuse en Vigo, na que se fixo folga nas grandes empresas, por exemplo, o día 11 de marzo en Citroen, Vulcano, Barreras, Freire, Reyman e Censa; as que se sumarían nos seguintes días, Álvarez, Masso, Santo Domingo, etc. Nesta cidade fíxose unha protesta na Porta do Sol o 15 de marzo, na que aparecía publicamente por vez primeira Organización Obreira, unha escisión de CC.OO, que tería un importante papel nos paros de maio en Barreras e na folga xeral de setembro dese mesmo ano. De vagar os obreiros foron retornando ao traballo. O día 22 de marzo os xornais dicían que Bazán traballaba con todo o cadro de persoal incorporado.

A represión continuou. Na Bazán, que foi militarizada, houbo 160 despedimentos, e outros 100 nas empresas da comarca. As detencións foron masivas e moitos serian xulgados polo Tribunal de Orde Publico (TOP). Asemade, compre salientar o Consello de Guerra contra oito traballadores de Bazán “por propaganda ilegal”, e o xuízo polo TOP do que foi coñecido como “dos 23 de Ferrol”. Tamén foron numerosas as multas.
Despois destes acontecementos, Luís Soto escribiume desde México pra que estivera preparado pra retornar a Galiza, xa que “ían pasar cousas importantes”. Eu era secretario da Irmandade Galega de Bos Aires e militaba nun partido da esquerda arxentina. Non pensei que houbera razóns pra tanto optimismo, porén a folga de setembro en Vigo daría unha volta á miña vida, como a tantos outros lles pasou. Marzo e setembro de 1972 foron momentos de traxedia e heroísmo, de represión e semente, nos que o nacionalismo galego atopou o seu camiño, medrou, consolidándose como unha alternativa social e política.
Barreiros sinopsis Barreiros trailer