No número 99 da revista Auria, correspondente ó mes de xullo de 2005, escribía Enrique Bande o seguinte:
'La provincia de Ourense nunca fue taurina en la misma medida que lo fueron las de A Coruña y Pontevedra, ciudades gallegas que no sólo llegaron a tener plaza de toros estables sino que de una u otra forma las siguen conservando en la actualidad. Sin embargo, esta situación no siempre fue así, puesto que según afirma Olga Gallego, Ourense tuvo fiestas de toros desde la edad media'.
A seguir, o investigador ourensán, baseándose en informacións sacadas á luz por Maribel Outeiriño na sección 'Ourense en cuatro tiempos', aproveita o mesmo artigo para facer un repaso polos escasos 'matadores' cos que forneceu á actividade taurina a provincia de Ourense.
Manuel Rodríguez Trabazo, 'O Castrelito' (chamado así -seica- porque era natural de Castrelo de Miño), foi se cadra -no ano 1924-, o primeiro deles. A este seguiríalle ó pouco tempo un tal 'Macarrillo', que chegou a actuar en 1925 nunha tourada organizada pola Asociación da Prensa de Ourense, e posteriormente, xa na década dos 50, por un tal 'Antoñete' nacido en Ribadavia, ademais de por 'El Orensanito', 'O Cadete' ou 'El niño de la Blusa'.
Pois ben, polo que eu sei, ninguén asinou ningún decreto gubernativo, nin ningunha norma de máis alto rango lexislativo que prohibira en Ourense a organización de corridas de touros.
Sen embargo, como é público e notorio , a nosa provincia é unha provincia 'destourada'. É dicir, simple e llanamente desapareceron porque non forman parte da nosa idiosincrasia.
Falo disto hoxe porque eu, que nunca asistín a unha corrida de touros e que xamais os seguín nin sequera pola televisión, creo que a prohibición só ten xustificación no sarampelo do politicamente correcto ou na hipocrisía social na que moramos instalados. De non ser así, os mesmos que agora se mobilizan en contra dos touros, deberían continuar cunha moción semellante, pero neste caso en contra denigrante espectáculo que para min supón boxeo.