La Región de Ourense de la A a la ZBuscar en La Región de Ourense
Galerías
Encuestas
¿Te parece justa la condena del Tribunal Supremo a Garzón?
  
  
No

RSS, OPML y ATOM
RSS 2.0 RSS 1.0 RSS 0.91 ATOM 0.3 OPML
Agregadores
technorati Google

Los feeds de RSS, Atom y OPML permiten importar de forma automática el contenido de La Región de Ourense. Pulsa para obtener el código XML. Bastará copiar la URL generada al navegador, programa o sitio web de destino.

Los agregadores de Technorati y Google te permitirán incluir la página en los favoritos online de estos servicios y compartirlos con otros usuarios.
Alternativas a fusión municipal
Rosendo-Luis Fernández
Tiempo estimado de lectura: 2 min 15 seg Enviar a redes sociales Imprimir el artículo Agregar a favoritos Descargar en PDF Enviar por correo Texto normal Texto grande
09-03-2010
Rosendo-Luis Fernández
Abordabamos nun artigo anterior, froito dunha comunicación no Congreso provincial do PPdeOU, sobre a distribución territorial máis adecuada aos tempos que corren para o inframunicipalismo. Así, deixamos constancia que desde unha perspectiva sociopolítica, o concello, como entidade, xera unha identidade dos seus habitantes co territorio que o conforma; e ademais é o nivel administrativo básico para a representatividade e participación dos cidadáns. Pero se engadimos que, xunto co envellecemento, a dispersión poboacional é unha da escasa eficacia financeira e executiva da maioría dos concellos galegos, ¿poderase seguir esgrimindo o reclamo á dispersión poboacional no reparto de fondos, pois nin sequera vive o 20% da poboación en municipios de menos de 5.000 habitantes?
Como hai alcaldes que diagnostican que o mapa municipal de Galicia -e polos mesmos criterios, aínda máis en Ourense- está moi anticuado, xa que moitos concellos non dispoñen de medios para facerse cargo dos seus servizos obrigatorios se non se fusionan, outros rexedores se opoñen taxantemente a deixarse fusionar, absorber. Así, con opinións enfrontadas, a polémica está servida. O que si é unha constatación, é que a redución do número de municipios, mediante fusión ou agregación, á outros de maior tamaño, resulta unha operación de complexa implementación tanto legal como administrativa, e tamén desde o aspecto político (oposición veciñal).
Reflexionar sobre as “economías de escala” das administracións locais, abordando o debate para ampliar a base territorial das administracións locais, parece bo para Galicia e para os habitantes de cada municipio. Demos a coñecer as posibles vías para que os pequenos municipios superen as limitacións que impón o seu tamaño. Distinguir –xa exposto aquí- entre “goberno local” e “administración local”, que representan dous conceptos diferentes. O “goberno local” como órgano de decisión do municipio, en tanto a “administración local”, como ferramenta de execución das políticas que deseñe o “goberno local”.
Pero tamén existe unha fórmula apenas ensaida, pero con excelentes resultados alí onde se puxo en marcha. Estou a referirme a cooperación e asistencia das deputacións, mediante fórmulas avanzadas que van máis alá da simple asistencia técnica:
-Recadación municipal, xa que é obvio que a maioría dos pequenos concellos lles resultaría antieconómico dispor dun servizo propio. A xestión do cobro non implica decisións políticas, senón aplicación da lei.
-A extensión de esta fórmula a outros servizos é perfectamente posible, pois os pequenos gobernos locais poden tomar decisións políticas que non necesitan dunha administración propia para executar a decisión. Tamén a recollida de residuos sólidos, servizos de cooperación e asistencia en xestión relacionado co ciclo hidráulico.
A proposta concreta pasa por establecer mecanismos legais que garantan que as deputacións ofrezan aos concellos servizos de asistencia e cooperación en condicións de calidade, respetando o dereito dos concellos na toma de decisións. Pensen nesta vía, xa que os servizos públicos non poden ser evaluados desde unha perspectiva exclusivamente economicista. Criterios como a equidade, a xustiza social, distorsionan un simple análise custe-beneficio.
Barreiros sinopsis Barreiros trailer