La Región de Ourense de la A a la ZBuscar en La Región de Ourense
Galerías
Encuestas
¿Te parece justa la condena del Tribunal Supremo a Garzón?
  
  
No

RSS, OPML y ATOM
RSS 2.0 RSS 1.0 RSS 0.91 ATOM 0.3 OPML
Agregadores
technorati Google

Los feeds de RSS, Atom y OPML permiten importar de forma automática el contenido de La Región de Ourense. Pulsa para obtener el código XML. Bastará copiar la URL generada al navegador, programa o sitio web de destino.

Los agregadores de Technorati y Google te permitirán incluir la página en los favoritos online de estos servicios y compartirlos con otros usuarios.
VÉMONOS BAILANDO EN CEA
Xosé Manuel Piñeiro
Tiempo estimado de lectura: 2 min 45 seg Enviar a redes sociales Imprimir el artículo Agregar a favoritos Descargar en PDF Enviar por correo Texto normal Texto grande
03-09-2010
Xosé Manuel Piñeiro
Chegou a Festa con maiúsculas, a grande homenaxe ós milleiros de músicos, vocalistas, 'pipas' e demáis 'fauna e flora' deste mundiño do espectáculo orquesteiro do que nos sentimos tan orgullosos e o que pertencemos boa parte da sociedade galega, porque que levante a man aquel ou aquela que non tratou de 'pillar cacho' a golpe de 'Pégale duro Ramón'. Chega o FIOU, o 'Festival Internacional de Orquestras de Galicia', evidentemente con máis participación estranxeira que do País, porque a Deus gracias, os nosos están ateigados de traballo cos seus compromisos veraniegos de sesión vermouth e verbena, que fai que moitos destes mestres do trombón de varas ou da percusión non coñezan a cama máis que para darse un saudable revolcón erótico-festivo de media tarde para recargar pilas e sorriso, aínda que a cama ás veces sexa metáfora pura para referirse a un lameiro ben mulido ou á parte traseira das benditas furgonetas.

E en Cea tampouco haberá moita cama, aínda que se teña habilitada unha espléndida zona de acampada, porque o cartel é de tal luxo que perder calquera actuación é pecado mortal. Eu xa de entrada, mañá sabado pola tarde, despois de moderar un coloquio sobre a 'Experiencia nos escenarios' con Pepe Chine que se permitíu o luxo de negarlle a batería a un tal Ringo Starr, a encantadora Pili Pampín, o productor e crítico Nonito Pereira, ou o fundador da 'París de Noia', Joaquín García; apúntome a bailar cos 'Billo?s Caracas Boys' de Venezuela, dos que confeso levar máis dun tema no meu iPhone, ou hoxe mesmo cos tamén venezolanos 'Melódicos' ou os galegos de 'Philadelphia' e 'Olympus', ou o trompetista siciliano Roy Paci & Aretuska quen, entroutros, ten acompañado ó meu admirado Manu Chao.

Pero todo isto é soamente unha parte do moito que imos vivir en Cea ata empaparnos de merengue, salsa, cumbia ou as novas músicas que chegarán da man de afamados DJs. que conseguirán que a xente máis nova e trouleante ata poda axudar a facer as primeiras fornadas do pan máis famoso do mundo; e non me estrañaría nada que os laboriosos monxes do Escorial de Galicia combinaran o gregoriano das 'vixilias e laudes' co latino que o 'Combo Dominicano' faga soar desde o seu escenario. Estou seguro de que a Noso Señor non lle importará que por un par de dias se cambien as melodías de 'Laus Deo' en beneficio dunha festa que, non o esquezamos, forma parte dun ano Xacobeo no que moitos combinan exercicio físico, equlibrio mental e reconforto espiritual.

Pois o dito, alí estaremos, desde hoxe mesmo, para disfrutar e botar unha man no que faga falta, aínda que sei de boa tinta que hai unha potente organización traballando incansablemente para que todo saia perfecto e da que o alcalde Jose Luis Valladares me confesou sentirse orgulloso. Pois brindaremos con ese 'Eucaliptine' elaborado polos monxes de Oseira, moi mellorado por certo nos últimos anos', e do que imaxino que ademáis de alegrar o corpo leva implícito un cento de indulxencias plenarias absolutorias para os que somos pecadores de pouca monta. E por aquelo de que de festas vai a cousa, á hora da cea, mentres lle dades un descansiño o corpo nada mellor que poñer a Galega e disfrutar no 'Tan ta ran tan' coa Orquestra 'Ledicia' de Ourense, o sempre marabilloso Xil Rios, a nova cantante galega María Chenlo, a miña querida ex-azafata e cantante Paula Pérez, ou recordar ' Las Flechas del amor' ou 'El Baúl de los recuerdos' na voz de Karina. Feliz FIOU e Feliz Festa.
Barreiros sinopsis Barreiros trailer