La Región de Ourense de la A a la ZBuscar en La Región de Ourense
Galerías
Encuestas
¿Te parece justa la condena del Tribunal Supremo a Garzón?
  
  
No

RSS, OPML y ATOM
RSS 2.0 RSS 1.0 RSS 0.91 ATOM 0.3 OPML
Agregadores
technorati Google

Los feeds de RSS, Atom y OPML permiten importar de forma automática el contenido de La Región de Ourense. Pulsa para obtener el código XML. Bastará copiar la URL generada al navegador, programa o sitio web de destino.

Los agregadores de Technorati y Google te permitirán incluir la página en los favoritos online de estos servicios y compartirlos con otros usuarios.
LUIS TABOADA
Xesteira
Tiempo estimado de lectura: 2 min 45 seg Enviar a redes sociales Imprimir el artículo Agregar a favoritos Descargar en PDF Enviar por correo Texto normal Texto grande
03-09-2010
Xesteira
Era un home entrañable. Aínda que debatiamos moitas veces, sobor da custión idiomática il, dende a posición do gallegismo oficial, ou oficioso, eu dende a da maioría silenciosa, a que non tén voz mais si oídos e iso faciámolo con moito respeto mutuo e, pola súa parte, escoitando solerte os argumentos alleos e sin erixirse en portavoz dos do nos da verdade absoluta.Entre moitos exemplos podería citar o de recoñecer, despois de moito debate, que a verba 'preto' siñifica 'apretado' ou, tamén, 'negro', coma no portugés, e, pola contra, o siñificado de 'cerca', oficial, correspóndelle á verba, común co portugés, 'perto'.

Recoñeceu, conmigo, en que era moi importante facer unha normativización, mais tamén, en que as presas por facela impidiron o imprescindible debate previo, sobor da lingua, e que está a pesar coma unha lousa no desenrolo da política linguística.

Tamén recoñecía, falando da falla de regulamentación do acento ortográfico, 'esta é a gran asinatura que temos pendente'.

A nosa relación de amizade e respeto viña de moito tempo atrás. Alá pola década dos corenta, sendo eu un rapaz e il un home feito e dereito, morabamos na rúa Dous de Maio. Eu, coa miña familia, na liña dos pares, e il,coa súa nai a señoraFelisa 'A Piteira', na dos impares. A súa nai e maila miña eran moi amigas e xuntábanse moitos serans pra, oficiando de cofrades da venerable orde da 'mesa-camiña', con braseiro e badila, adicarlle un tempo as novidades do pobo e ó arranxo do mundo. Unhas veces na casa dunha e outras na da outra.

Acontecía moitas veces que o Luís atopábame na rúa, só ou en compaña dos meus amigos e compañeiros de xogos e trasnadas, e o seu saúdo era sempre o mesmo: Hola tocaio ¿Qué fas? Xa vexo, trajinando. Tantas veces me dixo que me ficou grabado.

Un serán, entre lusco e fusco, que me atopaba cos meus colegas, no que hoxe é a avda. da Coruña, con vistas a facerlle unha 'peritación' á finca do Rionegro, coincidiu a baixar, por alí, o Luís coa súa novia Socorriño. Eu, na inocencia dos meus poucos anos, e botando mau da fórmula por il empregada, díxenlle: Que, tocaio ¿trajinando?.

Ó día seginte, cando entrei na casa, pra cear, atopeime, de súpeto, cunha labazada, de meu pai, que me puxo a cachola mirando pras costas. O malo era que meu pai parecía moi decidido a seguir coa festa si non fose que a miña nai meteuse polo medio, dicíndolle que eran cousas de nenos, mentres que a min, que a tal hora andaba contando estreliñas, non se me alcanzaba, nin de lonxe, que sería o que eu fixera pra merecer semellante correutivo.

Foi, mais tarde, cando a miña nai me dixo que todo viña de que o Luís comentáralles o sucedido, e que se non se podían decir certas verbas, e que había que respetar ós maiores, etc...

O caso é que eu estiven resentido un tempo co meu tocaio.Unhos anos despois, comenteille o tema e deixeino moi abraiado pois, ó parecer, non sabía que me bateran e, ademais, seica lles comentou o detalle pola gracia que lle fixo oír aquello da boca dun cativo.

O caso é que, co custe de perda de parte da miña inocencia, adeprendín as avantaxes de saber manexar un diccionario e que, ademais, o meu amigo Luís Taboada, sin pretendelo, impartía docencia.

Barreiros sinopsis Barreiros trailer