Opinión

Benito Losada, exemplo na lembranza

Pode unha persoa suscitar unanimidades? Difícil. Só os escolleitos polos deuses, os predilectos, os etimoloxicamente “amados por diante de calquera outro” que é o que significa a palabra, convocan ao seu redor opinións senón unánimes, cousa por sorte imposible, si amplamente confluentes. E Benito Losada foi unha desas persoas de unión e confluencias. Unha desas persoas que consideramos moitos, moitísimos, todos os que tiveron a sorte de coñecelo e tratalo, amable, afable e dilixente. Amable, digno de ser amado; afable, aquel que é de trato e conversa agradable; dilixente, aquel que fai as cousas con amor e verdadeiro.

O outro día, o xoves pasado, o Concello recoñeceu administrativamente o que as xentes de Ourense asumiamos desde había moito tempo, mesmo desde bastante antes do seu falecemento, hai xa oito anos. Sabiamos que Benito Losada -Don José Benito López Losada, segundo a realidade administrativa e documental ampulosamente insertada na placa homenaxe- viñera a Ourense desde o seu Lugo natal pouco antes dos inicios da transición política, en 1975, como delegado de la Juventud, e exercera de director da Casa da Xuventude durante trinta e dous anos, 1978-2010, da súa fructífera vida. Si. Entre aquel 1978 el fora entre nós un dos cidadáns máis activos e comprometidos coa pulsión diaria da vida cultural da vella Auria. Benito compartía con amigos como Manolo Rúa, de Moaña, ou Gustavo Docampo, do Barco, unha asociación significativamente chamada “Landrover”, de técnicos e dinamizadores culturais.

Te puede interesar