Opinión

Blanco Amor, Cuba e un discurso

Dous temas para hoxe. A morte de Fidel Castro, -chegoulle o seu black friday- e o aniversario de Blanco Amor. Evocarei, para ambos, un discurso de don Eduardo, en 1964, na Casa de Galicia de Buenos Aires; unha pequena pero histórica sociedade que nada ten que ver co Centro Galego, nin coa Federación de Sociedades Galegas.

Blanco Amor, home moi libre e de libre evolución, foi requirido para falar con motivo do banquete do 31 aniversario da fundación da Casa. Libre evolución porque na traxectoria de Blanco Amor podemos rastrexar unha gran liberalidade de posturas; desde un afervoado monarquismo en favor de Afonso XIII pola neutralidade na I Guerra Mundial, ata un intenso galeguismo por libre con enfrontamentos duros co PG - cada vez máis francmasonería espiritual, cenobio cultural de “adolescente suficiencia orgullosa”, chegou a dicir-, o seu republicanismo de Izquierda Republicana, ata unha certa contemporización co réxime dos tempos inmediatos á súa volta, ou a participación na Xunta Democrática nos últimos anos da súa vida. Perdíano, ás veces, as gabanzas, as amizades e a facilidade de palabra.

Daquela, 1964, EBA facía as maletas para volver para sempre, pois nas viaxes de 1958 e 1963 viu que era posible un retorno que xa fixeran outros moitos; andaba en malas contas cos galeguistas (fora expulsado do Centro Ourensán pola súa amizade con xente do Consulado) e estaba afastado dos amigos da Federación. Por outra banda, e aquí conectamos co discurso, uns días antes do acto, un barco -o Sierra de Aránzazu- enviado desde a España de Franco á Cuba de Fidel con axuda para a poboación, fora metrallado preto da illa por un grupo vinculado á CIA; morreran tres persoas. O escándalo uniu a todos. En España, sen ir máis alá, houbo unha manifestación de máis de dúas mil persoas fronte á Embaixada de EEUU ao grito de “Cuba si, yanquis no” baixo a ollada amable dunha Policía Armada con ordes de deixar facer. Naquel momento, o Presidente de Casa, Maximino Rey, da órbita da embaixada, pediulle a Blanco Amor que falase no seu nome, e don Eduardo, usou o incidente do Aránzazu, para referirse á necesidade de superar feridas. Rematou dicindo:

"Y no sé si, en vista de ciertas amenazas de la latinidad que se ciernen estos días sobre América, no va a ser necesario rehabilitar la fecha del Dos de Mayo, por si las moscas.  (Aplausos). Porque España puede ser invadida por las fronteras y sacada a puntapiés en cierta parte corporal que por decencia no nombro, pero puede también, intentar ser invadida en su espíritu, y eso sí que no.  Para ese dos de mayo estaremos juntos todos los del 18 de julio y los del catorce de abril. (Aplausos e berros de 'Muy bien').

Lo que se celebra aquí es una larga efemérides, reiterada durante treinta y un años. Otra fecha también evocadora. El año treinta y uno.  Superemos todas las nostalgias, porque España vuelve a ser un país exigente de futuro. Tan exigente, tan dramáticamente exigente que no nos deja ver el pasado y que el presente nos parece ya una absoluta impaciencia.

Esta casa cumple este día 31 años de paz. Ahora que se habla de 25 años de paz, que se sepa que siempre se pueden ganar los campeonatos. Y nada más amigos míos.

Probablemente ya avizorando el momento de mi reingreso definitivo para cerrar con cierta elegancia el ciclo vital de mi permanencia, y ya para siempre en España, tal vez sean estas las últimas palabras que yo pronuncie en esta casa donde pronuncié las primeras.

Os deseo todo género de venturas, resumo mi gratitud para todos los presidentes. Continuaremos discrepando en algunos aspectos y continuaremos unidos a través del mar en todo lo esencial."

Te puede interesar