Opinión

Francia e o artigo 41 da Constitución Bolivariana

OGoberno francés acaba de prohibir que na documentación oficial se utilice outra cousa que a tradición lingüística do idioma francés en canto á formación do xénero. Ou sexa, elimina de raíz a chamada “linguaxe inclusiva” que nos leva a confundir xénero gramatical con sexo biolóxico e todas as complicacións que conleva, así como supor que o uso dunha forma ou doutra ten algo que ver coa situación ou valoración da metade do xénero humano no seu conxunto. En fin, permítanme que lles achegue, como exemplo desa complicación que afecta especialmente ás linguas latinas, o artigo 41 da actual Constitución Bolivariana de Venezuela. Non sei se cunha redacción aconsellada polos seus asesores españois ou saída das propias cabeciñas de Chaves, Maduro ou Sabe-Diosdado quen. Di así o 41: “Sólo los venezolanos y venezolanas por nacimiento y sin otra nacionalidad, podrán ejercer los cargos de Presidente o Presidenta de la República, Vicepresidente Ejecutivo o Vicepresidenta Ejecutiva, Presidente o Presidenta y Vicepresidentes o Vicepresidentas de la Asamblea Nacional, magistrados o magistradas del Tribunal Supremo de Justicia, Presidente o Presidenta del Consejo Nacional Electoral, Procurador o Procuradora General de la República, Contralor o Contralora General de la República, Fiscal o Fiscala General de la República, Defensor o Defensora del Pueblo, Ministros o Ministras de los despachos relacionados con la seguridad de la Nación, finanzas, energía y minas, educación; Gobernadores o Gobernadoras y Alcaldes o Alcaldesas de los Estados y Municipios fronterizos y aquellos contemplados en la ley orgánica de la Fuerza Armada Nacional. Para ejercer los cargos de diputado o diputada a la Asamblea Nacional, Ministro o Ministra, Gobernadores o Gobernadoras y Alcaldes o Alcaldesas de Estados y Municipios no fronterizos, los venezolanos y venezolanas por naturalización deben tener domicilio con residencia ininterrumpida en Venezuela no menor de quince años y cumplir los requisitos de aptitud previstos en la ley”.

Eu pérdome e créoo ridículo. Outra cousa é a evolución e adaptación natural. Por exemplo, houbo un momento no que convivían en Arxentina a “presidenta” Kirchner e en Chile a “presidente” Bachelet, as dúas de esquerdas. Os arxentinos opinaban que había que adaptar a denominación do cargo ao acceso feminino; os chilenos que había que manter “presidente” en coherencia coa formación de adxectivos substantivizados en -ente e -ante, e deixalo sen máis marca de xénero que o adxacente. Ou sexa, se en paciente, cantante, estudante, vidente, chega co artigo, etc. (unha boa cantante, un mal cantante) por que non así na máis alta maxistratura do estado? A ver como evoluciona. En galego formouse “xuíza” -e en castelán “jueza”-, forzando un neutro latino, que debería ter dado “o xuíz” e “a xuíz”; mais a fala, o costume, e xa inercia, decidiron que “xuíza” fose o normal. 
Ben. Eu non creo que debesen a RAE nin a RAG ditar normas semellantes ás francesas. Pero de ningunha maneira os que prefiran o barallete bolivariano do artigo 41 poden pretender dar leccións de compromiso coa muller a ninguén. O compromiso é só cunha complicación lingüística que, persoalmente, creo que non achega nada. Se cadra inda resta.

Te puede interesar