Opinión

Terminais e terminais

Esta semana pasada, por cuestións de viaxes familiares, tiven oportunidade de estar con tres días de diferencia nas terminais de Porto e de Santiago de Compostela.
Loxicamente, nin unha nin outra constituían ningunha novidade para min, como tampouco o han ser, a bo seguro, para vostede. Ó contrario, atreveríame a

dicir. Por unha ou por outra causa acaban resultando espazos familiares para todos, porque cando non vas, regresas e cando non, acodes a eles á procura de alguén cercano, experimentado neles acostumadamente boas experiencias, a sexa no canto a esperanza dalgunha viaxe, dun regreso satisfeito ou do encontro ou reencontro de afectos.

Nestes dous casos acudín a procura de seres queridos e nos dous casos con tempo, polo que tiven oportunidade de exercitar ese silandeiro pero atractivo oficio común que todos exercemos en espazos coma estes, de analizarmos socioloxicamente ós nosos semellantes e comprobarmos o semellantes que son a nós e ó mesmo tempo a diversidade humana que entre todos conformamos.

Eu son dado a inventarlle micro historias a aqueles que por unha razón ou outra máis esperten a miña atención. Do mesmo xeito -supoño- que outros ou outras que se atopan matando o tempo entre a pantalla do teléfono e a ollada xeral ó formigueiro, farán comigo.
O pasado xoves tocoume botar algo máis dunha hora na fermosa estructura metálica de Porto, sentíndome parte dun cosmopolita rebumbio de xentes entrando e saíndo da terminal, grupos familiares á espera dos seus seres queridos coas crianzas correndo de aquí para acolá e nerviosos por seren os primeiros en descubrir se saen pola e a porta os seus pais, os seus irmáns, os seus tíos ou os seus avós. Unha porta que non se pecha xamais, porque cando rematan de saíren os pasaxeiros dun avión, xa comezan a saíren os primeiros de outro.
Sen ánimo de caer nese papanatismo papaleixón que fai que prefiramos sempre o alleo có propio, en honor á verdade verdadeira debo dicir que esta terminal tenme namoroume dende o minuto seguinte á súa inauguración.

Non lle queda atrás a terminal compostelá, mudando simplemente o gris aceirado de Porto nun branco que destaca especialmente entre o intenso verde arbóreo que o abraza polos catro puntos cardinais e que contrasta coa pléiade de naves industriais e comerciais de Porto.

Agora ben, se de contraste falamos, onde realmente un e outro constitúen o "yin e o yang" da aeronáutica do Noroeste é no silencio e no baleiro que caracteriza á terminal compostelá (e isto vale tamén para Vigo) e que leva a un a preguntarse seriamente se era preciso construír unha nova terminal e non chegaría ben con darlle unha pasada de chapa e pintura á outra.

Te puede interesar