Opinión

Nós

Hai anos animei a un dos nosos políticos –non intelectual metido a político- para que crease unha unión –non unha coalición nen un “partido único” agachado- chamada NÓS. O persoeiro soriu compracido, mas non disimulou o seu escepticismo.

Así seguimos.    

Que los españolistas vayan a lo suyo, por que se creen mayoría eterna, vale y es normal que celebren el Día de Galicia.

Pero os galeguistas, os nacionalistas galegos, cando dirán que os tempos da Nazón son chegados?

Na esquina Noroeste da Iberia somos unha cultura, unha nazón, e non pequena, por que “Galiza é un mundo”.

Cada vila, unha aldea; cada parroquia, máis ca un concello; cada provincia, unha circunscripción allea imposta.

A nosa fala, unha lingua irmá do portugués ao que nos achegar cun-ha normativa, si, porén non “a normativa”, na medida que se acorde, dentro da comunidade lusófona, sobretodo na escrita, para que os livros en galego nao tenhan de ser traducidos ao portugués, nao así os publicados em português.

Como ben ten dito a nova presidente do Consello da Cultura Galega, se non pode adiar a chatadura da Raia: O galegués, un idioma que falan, diversas nazós, 300 milhos de pessoas, em quatro continentes.

Sempre sen deixar de ser galegos.

De sermos Nós.

Te puede interesar