Opinión

Canto á patria

Non é por que un vaia xa vello, nen por que leve meia vida na diáspora interior, senón por contribuir a manter viva a memoria do que se dera en chamar “la Atenas de Galicia”. Atenas, non, mais si prodixiosa e un cachiño misteriosamente berce de pensadores, escritores e artistas. Por iso conmoveume tanto a carta de Arturo Fernández Nóvoa en La Región do pasado día 8 de novembro, arredor do Hino Oficial da Provincia, con letra e música do noso entrañábel e admirado Manolo de Dios, o irmao do noso íntimo compañeiro José Luís, ambos os dous sempre vivos por moito que non estean entre nós.

Esixente director da Coral de Ruada; músicologo nas alturas; home de fonda intelixencia e cultura de amplo abano, o Manolo –quen musicou maxistralmente, por exemplo, ao Tovar- canta en curtas e certeiras estrofas a Ourense: “cando esmorece no solpor / Ourense, brétema que doura o sol / Ourense, patria do corazón.”

Xa nos tarda cantalo, contando con que nos fagan reos dunha cantina como as da nosa nenez. Perante este homenaxe póstumo paréceme estar ouvindo o escepticismo do seu agudo espírito crítico. Ourense, cantamos co Manolo, “meu fogar, miña xente, meu amor.

Te puede interesar