Opinión

O gran de área

Non ten conciencia o gran de area cando se espeta no taco do zapato que o pisou. Non ten conciencia porque alí decide seguir e vai deixando as pegadas por onde pasa o Inocencio da Gándara. Este ben que oe un pequeno renxido, unha longa rabuñadura polo chan, pero pensa que o condenado gran xa se desapegará. O Inocencio da Gándara, cando chega á súa casa, esquece de esfregar os pés contra o felpudo e entra no parqué como cabalo de batalla. Cando segue oíndo aquel rascar, aquel rabuñar xa é tarde. Xa ten a Ludivina da Piollosa rillándolle os oídos coa ladaíña do desastre, da desfeita, da porcallada, da nugalla, do sen sentido, do abandono, do descoido. O Inocencio da Gándara non lle queda outra que marchar máis rápido que á présa cara á porta para refregar unha e outra vez  os zapatos. Non contento con isto, saca o zapato, mira o taco e cunha uña arrinca o maldito gran de area que lle estaba a matar a cabeza por medio da verborrea da súa dona.

Te puede interesar