As distancias, de Elena Trapé

Elena Trapé vén de levar a Biznaga de Ouro en Málaga polo filme Les distáncies. Nel, a directora catalá pretendía “hacer una película sobre el rencuentro de un grupo de amigos”. De amigos? A verdade é que nese grupo algo falla. A relación que manteñen, en apariencia harmoniosa, está deteriorada. Todos, agás un...

Animación xaponesa en Netflix

Yonebashi, ao fechar Ghibli, onde traballou ao carón de Hayao Miyazaki -o xenio da animación xaponesa- en filmes como A viaxe de Chihiro ou Ponyo no cantil, decidiu montar os estudos Ponoc, nos que realizou e produciu Mary e a flor da Bruxa. Esta fita é unha adaptación dunha novela de Mary Stewart, escrita e...

Discurso do odio

Eis un documental ben interesante para que reflexionemos sobre o que adoita acontecer, con máis fecuencia do que se podería pensar, nas redes sociais. “Cuando la red no es social”  pretende poñer o foco nese discurso do odio que parece florecer no twiter ou no facebook. Trátase de discursos xenófobos,...

Jennifer Kent en Valencia

Jennifer Kent iniciou o seu camiño como directora de cinema coa curtametraxe Monster. Foi no 2005. Anos despois, no 2014, esta curta foi adaptada pola directora co título The Babadook, unha fantástica fita de terror que conseguiu manter en tensión o público durante 94 minutos. Fácil de dicir pero difícil de lograr....

Case 40

Con case 40 os personaxes deste novo filme de David Trueba volven atoparse despois de vinte anos. Un encontro no que agroma certa nostalxia. Ben medida, pero nostalxia. Percibímola, sobre todo, no personaxe interpretado por Fernando Ramallo, que aínda non parece ter madurado como se podería agardar hai 30 anos, por...

Pederastia: abusos

Escándalo. A Corte Suprema de Pensilvania vén de publicar un informe con 301 casos de sacerdotes que abusaron de menores nos últimos 70 anos. Este informe consta, polo de agora, de 1.356 páxinas. No entanto, para elaboralo, o xurado tivo de revisar medio millón de documentos internos da diócese durante os últimos...

A plantación

A plantación, o proxecto xestionado por Elisa Pereira, contará con Pedro Costa este verán. Será a finais deste mes. Dende o martes 28, ao domingo 2 de setembro. En total 6 días. Non está nada mal. A verdade é que Elisa Pereira ben merece un aplauso polo labor que realiza como dinamizadora cultural no ámbito da...

Xela Arias

Dende a Plataforma feminista A Sega propúxose a candidatura de Xela Arias para o Día das Letras do 2019. Esta plataforma, que leva xa dende o 2014 intentando dar visibilidade ás autoras galegas co seu Día das Galegas nas Letras, fixo fincapé na calidade e interese da escritora e tradutora viguesa cuxos libros...

O Quixote de Terry Gilliam

Despois de moitos anos -dende 1989, que foi cando comezou co proxecto- Terry Gilliam conseguiu realizar a súa adaptación da novela de Cervantes El ingenioso Hidalgo Don Quijote de la Mancha. Esta fita, que clausurou o Festival de Cannes deste ano, chega ás carteleiras arrodeada de certa polémica. O británico foi...

De necesidades

Que Alberto Núñez Feijoo dixese: “A verdade é que me parecía que a señora Pontón estaba moi necesitada” reflicte non só unha actitude machista, mais tamén unha falta de educación grave. Non creo que este tipo de misivas teñan valor nigún como argumento nun debate. Son un intento de ataque persoal. Intento porque...

Villages visages

Caras e lugares explora territorios da Francia menos coñecida polo público, esa que nin é cool, nin o pretende. Agnès Varda (Bélxica, 1928) e J.R. (París, 1983) percorren, nun singular camión-cámara, parte do Hexagone na procura de caras e lugares, tal e como indica o título. Esta parella constitúe un tándem...

Dhogs, de Andrés Goteira

Andrés Goteira case fixo o pleno ao quince nos Mestre Mateo. De 15 estatuíñas levou 13. Case nada! Alén disto, Dhogs xa recibira outros premios nos Festivais de cinema de Sitges, Londres e Bos Aires. Ante un éxito así, o primeiro que o público podería preguntarse é se a cousa é para tanto e paga a pena ir vela. A...

Celebración

Hoxe é un día de celebración. A homenaxeada este ano, María Victoria Moreno, tivo ao longo da súa vida unha actitude exemplar ao respecto da nosa lingua, porque, malia ser de orixe extremeña, fixo o esforzo de se integrar en Galiza. “Chegou a Galiza -explica o poeta Rábade Paredes, quen coincidiu con ela en Lugo-...

Diario cultural

Nestes días fíxose público que o Diario Cultural desaparecerá da programación da Radio Galega. Despois de 28 anos -comezou a súa andaina alá polo ano 1990-, este mítico espazo, coordinado por Ana Romaní, chega ao seu fin. Dende a CRTVG explicouse que os contidos culturais se distribuirán en diferentes informativos....

O león, a noite, o desexo

El león duerme esta noche, a fita do xaponés Nobuhiro Suwa, consegue levarnos da man polos intersticios ocultos que permiten o paso do mundo real a outro ben diferente, que nos atrapa e pode envolvernos co seu manto invisíbel. Pero, que mundo é ese? O das aparicións? Un lugar habitado por fantasmas? Fantasmas como...

A sentenza por violación

Hoxe é mércores. Escribo pois isto sen saber aínda cal será o veredicto que o xoves, 26 de abril, se emitirá polo caso de violación do que foron acusados José Ángel Prenda, Alfonso Jesús Cabezuelo, Jesús Escudero, Ángel Boza e Antonio Manuel Guerrero, que levan xa dous anos en prisión provisional. O meu desexo é...

A sentencia da "Manada"

Parece ser que aínda haberá que agardar un mes para coñecer a sentencia. Mentres, o que se puido filtrar á prensa, que non é moito, parece indicar que a dúbida está aí, no aire. O avogado dos acusados -José Ángel Prenda, Alfonso Jesús Cabezuelo, Jesús Escudero, Ángel Boza e Antonio Manuel Guerrero- intenta amosar...

Un fermoso sol interior

Un beau soleil intérieur, ese é o título do filme dirixido por Claire Denis, con guión dela mesma e mais de Christine Angot. Nel podemos ver a unha Juliette Binoche en estado de gracia. A actriz interpreta a Isabelle, unha pintora divorciada, que, despois de varias relacións frustradas, decide buscar o amor. O de...

Ensaio visual de Brodski

Axente máis nova, se non hai imaxe, non presta atención a ningunha mensaxe”, afirma Marcelo Brodski (Bos Aires, 1954). Leva razón, o discurso elaborado con palabras, explicativo e con claras intencións pedagóxicas, parece non ter moito efecto a día de hoxe. Daquela, na opinión de Brodski, amosar o que,...

Vargas Llosa

Que Vargas Llosa posúe unha prosa exquisita -eis glorias literarias como “La ciudad y los perros”, “Los elogios de la madrastra”, “La fiesta del chivo”…-, ademais dunha conversa envolvente é algo que poucas persoas rebatirían. Digamos que ten algo que atrapa e seduce, algo que lle facilita bastante a súa vida. Eu,...