Crise humanitaria

Milleiros de persoas fuxen da miseria, da  fame e da inseguridade vital. Son seres humanos que aspiran a unha vida máis digna.  Camiñan días e días en condicións infrahumanas pasando fronteiras para mellorar a súa existencia. Moitos morren no camiño ou afogados no mar, e os que chegan  son tratados e...

Coral de Ruada

Nos tempos actuais todo camiña de presa. Os días meses e anos bulen e, embaucados por este ritmo de vida un tanto aloucado, o tempo que adicamos a valorar a cultura, en xeral, e a tradicional de calidade en particular, é sumamente pequeno. Os anos dourados das sociedades de lecer, onde naceron e medraron entidades...

Estes rapaces...

A todos nos aconteceu que na nosa mocidade tíñamos tanta ilusión e forza que, cretinos de nós, pensabamos que íamos comer o mundo, que todos os problemas arranxábanse con decisións máis ou menos drásticas e que os que nos gobernaban, ademais de corruptos e persoas de dubidosa honorabilidade, estaban manexados por...

A xustiza, na picota

As verbas xustiza e picota sempre camiñaron xuntas, pois a xustiza, durante moitos anos, aplicábase nas picotas ou rollos, que eran lugares de castigo público nesta terra. Con todo, a día de hoxe, o significado de estar na picota é ben distinto o doutros tempos. Agora significa atoparse en entredito por mor das...

Lembrando a José Pereira Rodríguez

A  memoria colectiva sempre foi sumamente fraxil. Pero de seguro que os veciños de Seixalbo sempre o lembrarán a vostede que, xunto con Fernando Freire, fixo un gran esforzo para liberalos do pago dos foros que consistía en 500 moios de viño anuais ó Cabildo da Catedral de Ourense...” Estas e outras verbas...

A voltas co Xardín do Posío

O Posío naceu no 1846 como xardín botánico vinculado ó instituto que hoxe leva o nome de Otero Pedrayo. Foi, a pesares do seu deterioro e abandono actual, un lugar importante na historia de Ourense. Nel fixéronse grandes eventos e actuacións musicais como os festivais da canción do Miño e outras. Mais tamén, nese...

Vendedores de ilusións

Estamos en precampaña para as municipais do ano que ven. E algúns grupos políticos empezaron a presentación dos candidatos na cidades e vilas de Galicia. Desta maneira, vendéndonos as súas virtudes e facendo un espectáculo cunha posta en escena cargada de promesas, empeza a preparación duns comicios que, segundo...

Coa venda nos ollos

A negativa de varios grupos políticos a abrir unha comisión de investigación e a postura da fiscalía do Estado sobre asuntos turbios coñecidos despois das declaracións de Corinna sobre os manexos e representacións que implican ó rei emérito, son merecentes de moitas opinión das que resulta difícil absterse. ...

Revanchismo?

O tema de quitar a Franco, o chamado “xeneralísimo”, do mausoleo do Valle de los Caídos saca á luz cantidade de frases e calificativos case todos de parte interesada. Mentres membros da familia falan de revanchismo, os novos líderes da dereita, Casado e Rivera, acusan ó Goberno de electoralismo, oportunismo e de...

Cando a xustiza peta na túa porta

Hai uns días, dúas novas referidas á Xustiza chamáronme a atención. Dúas determinacións que, ó meu modo de entender, non a deixan en bo lugar. Mellor dito. Deixan a Xustiza co cú ó aire.  Cecais, o malo do asunto é que os xuíces non reciben reprimendas polo seus erros, que os teñen. Todo o máis que...

A xente sinxela é o modelo

Non busquedes modelos de persoas fora da xente sinxela, pode que haxa algún, pero poucos toparedes. A grande minoría que vive baixo tanto boato e poder, máis ten unha vida oculta que agocha moitas cousas negativas. Xeralmente non son modelo de nada bo, pois teñen un vivir farisaico e moi escuro.  Hai un...

Dúas propostas en positivo

Non é un acontecer recente. Tampouco é algo que non se anunciara con tempo. Mais nada se fixo, ou mellor dito, dende as diversas administracións públicas  nada se aportou  para remediar  o tema  da despoboación do rural galego e a conversión dunha importante parte do sector primario en mato...

Nin café nin leite

Xa choveu dende que houbo as primeiras eleccións municipais da democracia onde se lle puxo fin ás corporacións do réxime nacido do golpe de estado franquista. Lembro que daquela, as corporacións non tiñan Concellería de Cultura. Polo que esta figura naceu coa chegada da democracia coa intención de darlle...

Cando a anormalidade é a norma

Cando a anormalidade se converte en rutina e é aceptada co silencio pola maioría das forzas vivas e dos cidadáns desta Auria, que se pode esperar dunha institución como o Concello? Que se pode planificar para o futuro da cidade? Pois, tristemente, ren. Nada de nada. Ourense, mellor dito, o noso concello, vive,...

Non esquezamos a nosa historia

A pouco que pensemos, queda claro que o mundo no que vivimos formouse en base a dous fenómenos sociais: as migracións e o comercio. Os demais aconteceres sempre xiraron sobre estes dous asuntos. Isto que afirmo lévamos a entender que a relación entre xentes de diversas culturas e lugares a traverso do intercambio...

Un crego cos pes na terra

Non sei cal será a razón pola que sempre admirei ás persoas que traballan para servir desinteresadamente ós demais. O certo é que pra min, estes homes e mulleres sempre foron referentes a seguir. Guieiros nesta vida na que camiñamos, ás veces, con moitas contrariedades. Fixo un ano, no mes de maio, cando tiven...

Medo a perder o poder

Moitos din que o poder engancha, e que cando o perdes sintes un baleiro que arrepía. E algo de razón teñen, pois parece que hai xente que leva moi mal este asunto. Claro que isto acontece cando estás moitos anos montado no machiño e ate te fas a idea de que tal posición de mando che pertence de maneira indefinida....

A gran obra: repoñer 147 pedras

Contan os máis vellos que cando un repite e anuncia moitas veces a mesma cousa, para que pareza que se fai, o efecto é sempre o contrario é o resultado negativo. Isto é o que acontece na nosa cidade, onde o goberno municipal dalle a matraca repetindo ate a saciedade que fai tal ou cal obra ou, mellor dito, obriña....