Manterse no poder polo poder!

Di a conselleira de Medio Rural que a culpabilidade dos lumes é soamente dos incendiarios. Pois claro, o que planta é o que comete o delito. Pero se soamente nos quedamos nesa frase, pódese dicir que seguimos errados e que non vemos máis lonxe da nosa sombra. Ou sexa, que a conselleira...

Tristura e incertidume

Dous son os acontecementos recentes que a moitos cidadáns nos causan tristura e certa incertidume. Acontecementos distintos que poñen de manifesto que unha fonda crise gravita sobre a sociedade actual.  O primeiro dos casos refírese a vaga de lumes que asolaron a nosa terra. 34.000...

O conformismo como meta

Se nos atemos ó discurso que o voceiro parlamentario do PP deu no debate da Autonomía e mesmo o do presidente, poderíamos dicir que, para Feijóo e o seu goberno, o futuro de Galicia segue a ser ilusionante. Ou sexa, que os galegos vivimos de ilusións e promesas, e todos esperamos...

E agora qué

Si para algo debe valer a política é para evitar conflitos. O acontecido onte no Parlamento catalán, aínda que foi unha declaración de independencia suspendida, pón de manifesto que os que poideron evitar o choque de legalidades que se dá no Estado, non o fixeron...

Incerteza

Se antes do 1 de outubro tiñamos interese en saber o que acontecería en tal data, e despois de ver as imaxes tristeiras e violentas que deron a volta ó mundo, e tamén de escoitar ó presidente Rajoy falar e dicir o mesmo de sempre, a incerteza da solución sobre o asunto...

Seixalbo cultural

Hai trinta anos, un grupo de persoas, a través da Asociación de Veciños San Breixo, poñía en marcha a primeira Semana Cultural de Seixalbo. Eran os tempos nos que os carteis e programas facíanse a man ou, se o prefiren, traballábase de maneira artesanal dado que...

Responsabilidades políticas e penais

Din os entendidos no asunto que tomar resolucións a sabendas de que son ilegais ou de que vulneran a lexislación é prevaricar. Mais acontece que, cando algúns gobernantes cometen falcatruadas deste tipo, se non hai denuncias no xulgado quedan agochadas e os gastos que se derivan para as...

Preparando a negociación

Empezarei afirmando que non son arredista, pero si un firme defensor de recoñecer as diversas realidades políticas que conforman actualmente o Estado sen ambigüidades. Con todo, o pulso que mantén a día de hoxe a Generalitat co Goberno polo tema do referendo en Catalunya,...

A rebeldía permanente

Leo no xornal que nun grupo político, un sector, propón estar sempre nunha rebeldía permanente que non se someta a normalización política nin á homologación con forzas que chaman “do réxime”; mentres outros avogan por traballar mais pegados...

Uniformidade cultural

Todos os avances que o ser humano realiza son armas de dobre fío. Teñen polo tanto cousas moi positivas, pero tamén traen elementos que poden ser, cando menos, polémicos, pois quedan suxeitos á maneira de como se empreguen. Dende os principios deste milenio vense con moita...

A xustiza feminina nos foros

Xa van doce anos dende que a Asociación Cultural Agromadas decidiu recuperar e festexar a data de 1859, ano no que se fallou, na capital do Reino, o fin do litixio entre os veciños da Vila e Couto de Seixalbo e o bispado, polo pago dos Foros e rendas (500 moios de viño ó ano e outros...

Nin fai nin derrama

Certo día, conversando unha tarde cun compañeiro en Molgas, pregunteille que tal ían as cousas do Concello, pois il era concelleiro na oposición. Contestoume que iban coma sempre sen que houbera nada salientable que mererecera mención. Logo díxenlle: e o alcalde fai algo?...

Catástrofes naturais

Se non partimos e asumimos a idea de que os humanos soamente somos uns usufrutuarios deste planeta, e que temos a obriga de deixarllo as xeracións vindeiras no mellor estado posible, non seremos capaces de asumir a realidade presente e seguiremos destruíndo un legado natural que porá en perigo...

Franqueira como referente

Cun país orfo e ausente na escea política e nas institucións do Estado, pois non está nin se lle espera, un grupo de persoas representando forzas políticas, hoxe minoritarias, do galeguismo e do nacionalismo, celebraron no campo santo onde repousa un acto en lembranza de Eulogio...

Dúas andainas culturais á Limia

Sempre é necesario coñecer o pasado para entender o presente. Se se perden as referencias de onde vimos, dificilmente atinaremos a intuír cara onde camiñamos como persoas e como colectivo humano. Isto que parece unha simpleza acontece en moitas familias, onde os pais parece que...

Venezuela, venezuela!

Coa polémica que hai sobre o pais do Caribe entre detractores dun réxime populista e ditatorial e os que o ven como unha revolución positiva e un modelo a seguir, véñenme á memoria lembranzas dunha conversa que hai uns anos mantiven cun parente da República...

Anxo Quintana

A entrevista que recentemente lle fixo Telemiño a Anxo Quintana, ademais de deixar moitas cousas claras, veu a amosar dúas cuestións que considero sumamente importantes. A primeira é a distancia que existe ás veces entre a militancia dun grupo político e a realidade social...

Unha cantiga de amor

Non sei se será porque as cantigas, pouco menos que feitas en serie e que sempre rematan con ritmos e esquemas semellantes, xa cansan. Ou se as músicas, maioritariamente adobadas de imaxes e moita e diversa escenografía para chamar a atención, tamén aburren, dado que son pezas que...

Dous anos sen banda de música

A Banda Municipal de Ourense lembrounos o venres pasado, tocando na entrada do concello á hora do pleno, que están a piques de cumprirse dous anos dende que o goberno do sr. Vázquez rescindiu o convenio que tiña con ela facendo efectiva unha desafinada e inoportuna moción que,...