Tese sobre a vendima

No momento en que neste noso espectro de país se segue debatendo sobre máster, teses, plaxios, copias e aforismos, un servidor leva xa dous días (hoxe será o terceiro) traballando nunha tese que pode titularse: “Como se vendima desde o amencer ata o luscofusco” (ou ata a propia bocanoite). Se se quere, a cousa é...

O croma de Vlahos

Sen as invencións de Petro Vlahos, como disputar unha carreira de cuadrigas no Coliseo romano, ou danzar con pingüíns, ou fuxir dunha bandada de paxaros furiosos ou viaxar a galaxias moi moi afastadas non sería posible. Co seu invento do croma, Vlahos revolucionou os efectos especiais na moderna cinematografía....

Infestados pola falsidade

Estamos infestados pola falsidade. Invadidos polos máster, polas tese e polas velutinas. Ante isto, desexo de corazón ser invadido polos extraterrestres. Polo menos coñezo a outros seres que viaxan polo espazo sideral e non por entre as poltronas do Congreso e do Senado. A estas alturas xa ninguén sabe quen minte...

Recordo da primeira comuñón

Nas cidades todos os trastos van parar ás bufardas. Nas vilas e aldeas adoitan ir para as palleiras. Hai uns días, e facendo limpeza na palleira, un irmán díxome que pasase por Baños de Molgas a recoller unha fotografía enmarcada que, nun descoido, podía acabar no lixo. Estrañoume tanto o da foto (porque as que...

Sempre música

Carpetas, papeis, libros sobre a mesa. Cables, mandos, bolígrafos sobre a mesma mesa. Está a piques de rematar o tema “Round Midnight” de Thelonious Monk. Puro jazz. Xa rematou. Agora escoito a Stephane Grappelli no seu álbum “Tributo to Django Reinhardt”. Música. Sempre música. Música ó camiñar. Música ó escribir....

O carballo groso das mestras

Agora xa sei que viaxar polo arco da vella é como alucinar en cores ou como andar sobre as ondas do mar. Que bonito sería andar sobre os Océanos todos! Algo así como navegar por entre as estrelas do universo. Non, non vou falar do espazo sideral porque me emociono. Tampouco quero choutar desde o arco da vella sen...

Debaixo dun camastro

Raimunde Divino Olleros está sentado debaixo dun canastro da Aira de Arriba. Escoitando música. Agora mesmo está a soar un tema do compositor cinematográfico Jerry Goldsmith. A Raimunde Divino chámanlle O Amén, porque é fillo do Sandiós. Tamén é fillo de Heladia Gresca Lozano, A Purísima. Alguén pensará que esta...

O asubío do tempo

Di un que sabe moito, que o sentimento é coma un asubío do tempo: que sae da folla da melancolía para acougar na á dunha ruliña. Non é nada fácil traspasar os percorridos da experiencia. Ou da realidade. Porque hai realidades que non deixan que as melodías asubiadas sigan o bo ritmo dos latexos do corazón que vai e...

Visitando dúas airas

Canso de estar sentado no mazadoiro da fonte da Aira de Arriba, decido baixar polo Lugar e cando chegue á burga, volver sentar. Pero xusto cando estou á altura das escaleiras que van á Aira de Dentro deteño os meu pasos e dubido en seguir baixando ou pasar a botarlle unha ollada á citada aira. Creo que desde mozo...

De pouco lle valeu

O río Arnoia, ó seu paso por Baños de Molgas, leva as augas mansas. O río Arnoia tiña fama de troiteiro. O río Arnoia, cos seus 84,5 quilómetros é o río máis longo da provincia de Ourense. No río Arnoia xa teño escrito que se afogaron algunhas persoas a principios do século XX, principalmente, a causa de caídas das...

Sin historias

Brasil, que atraviesa un periodo presente convulso con golpes de estado institucionales incluidos, se acaba de quedar sin pasado por el incendio del Museo Nacional  de Río de Janeiro. Cuando un museo es pasto de las llamas se lleva por delante la historia allí acumulada, logros, ideas, ambiciones expectativas...

O reloxo da igrexa de Baños de Molgas

O reloxo do consistorio de Lugo parou. O reloxo do consistorio de Lugo parou durante uns días nas nove menos cuarto. Dá igual que foran da mañá como da noite. Parou, e punto. A moitos, isto, como se ladrase un can, pero a un servidor conmoveuno a noticia. Porque a un servidor, ese titular transportouno ó reloxo da...

Os milagres da Virxe dos Milagres

Xa estamos máis ou menos no ecuador das Novenas dos Milagres. E a xente segue que segue subindo ata o Medo desde todos os recantos da contorna, incluso de moito máis alá da contorna (e de parte do estranxeiro). Por certo, o día que os extraterrestres aterren no noso planeta, non o farán en Estados Unidos, non; que...

Miradas

Quita de aí esa carauta que che tapa, que che oculta a cara. Quero verche os ollos, porque nos ollos é onde está escrita a novela da túa vida. Din que os ollos son o reflexo da alma. Case que si. Porque toda lectura está nas miradas. Hai miradas que matan. Hai miradas preñadas de versos que van moito máis alá do...

Pola corga da realidade

Non quero ser rei no mundo dos trevos espallados pola parcela do Medo, porque a miña ilusión é ser príncipe no reino das alfombras máxicas que se acumulan nas barroncas de Barricobos. Pero hoxe aínda son o que non consigo ser nos soños. Será porque soño bonito, porque soño demasiado bonito. Pero hoxe son o que levo...

O álter ego de Hitchcock

Nas 600 páxinas que o especialista e escritor británico David Thompson lle dedica á historia do cine no seu impresionante libro “The BigScreen”, Alfred Hitchcock e as súas películas aparecen en máis de 50 páxinas. Pero a referencia á súa muller, Alma Reville, tan só se limita a 24 palabras, estas: “En 1926, cando...

Á caza de cascudas

Son un pistoleiro no tempo da guerra das galaxias, do tempo de andar polo infinito e moito máis alá. Pero pistoleiro de andar por casa. En cada habitación hai pasquíns ofrecendo recompensas pola caza de cascudas e diversos bichos que poidan alterar o ecosistema dun rancho ou incluso de toda unha pradeira a 25...

Un mestre do dialecto ilocano

Busca e encontrarás. Frase fetiche desde hai xa moitos anos para convencerme de que, ó final, se buscas, obtés a recompensa. E buscando, buscando case sempre atopo esa recompensa, aínda que só sexa en forma de personaxes molgueses que nin imaxinaba que existían. Por uns escritos ou por outros xa levo falado sobre...

Parvadas

E dis ti e digo eu. Que o que eu digo non o dis ti, e o que ti dis non o digo eu. Dixen. Xa sei que somos moi amigos de dicir cousas, ou sexa, parvadas. Ás veces hai parvadas bonitas. Ou simpáticas. Ou tortas. Ou cariñosas. Ou sentimentais. Moi de cando en vez soltas unha parvada e algún paspán axiña che...

Romper a rutina

O ser humano é un animal de costumes. Temos a rutina como o acubillo da comodidade. Toda unha vida escribindo sobre os paniños de papel que poñen nas mesas ou nas barras das cafetarías e, agora, xa levaba un tempo, quizais incluso uns anos escribindo na casa e no propio ordenador. Ás veces é bo cambiar a rutina....