Xa estamos os que estamos. Os que non quixeron estar, non están. Isto enténdeo calquera. Mais a realidade amósame que estou só. Así é que o plural, mal asunto. Estou só entre catro penedos contemplando unha mancha escura na cara que se ve da lúa (xa sabedes que ten a súa cara oculta). A cara que se ve da lúa é...
Canta inocencia hai no noso país! E tamén, canta ignorancia. Desde hai uns días seica se volven tolos algúns expertos porque están a investigar a bola de fogo que o sábado 22 cruzou polo norte de España. Eses expertos se leran as noticias que hai que ler, verían que o día da feira de Maceda, este mesmo xornal...
Tolea o sol por cantar unha canción, pero é a lúa a que se impón. Tolean os sentimentos por choutar neste Nadal melancólico, pero a realidade é un ir e vir por entre as carballeiras da memoria. Cando pase polos Castros verei a lúa vella no seu máximo esplendor e será entón cando deixe escapar esa canción que lle...
Dicía Víctor Hugo (que era un home moito máis listo ca min) que “a melancolía é o pracer de estar triste”. A Noiteboa penso que é unha noite melancólica, é dicir, case triste. Si, hai xuntanzas familiares, pero precisamente por iso, por ser familiares, ás veces vólvense tristes porque case sempre hai alguén que nos...
Vexo A Coruña, vexo Lugo, vexo Ourense e vexo Pontevedra. Vexo a miña terra desde a Estación Espacial Afastada. Porque está lonxe. Pero aínda así vexo a miña terra. E se obrigo un chisco ós ollos ata consigo ver Baños de Molgas, que é o máximo da miña terra. Recoñezo que vexo a miña vila grazas á torre da igrexa de...
Hai xente lista ou moi lista. Hai xente, que non é que sexa burra, pero si algo parrulos. Hai xente espelida ou moi espelida. Hai xente, que non é que sexa pasmona, pero si algo indiferente. Os empresarios vigueses (que no caso que vou a tratar serían os comerciantes) seica lle piden ó alcalde que manteña a...
A febre pola lectura tívena sempre. E moita xente sábeo ben. Pero o que quizais non saiban é que houbo unha época, principalmente na mocidade, que buscaba lugares inverosímiles para ler sen que ninguén me molestase. Hai libros ou lecturas que merecen moita concentración. Sendo rapaz cheguei a fuxir dos amigos cando...
No momento en que Alán e máis eu estabamos facendo os bocadillos para xantar sobre unha mesa de pedra das Mestras, oímos un ruído xordo procedente da Pitediña. Sen practicamente ver o que era, xa souben ó instante quen era. Era o meu amigo alieníxena que aterrara o mes de xuño de 2017 no mesmo lugar e que os meus...
Non entendo nada. Ás veces les declaracións nas que te preguntas ó momento se alguén pensa que somos parvos. Les titulares que non che entran nin polas asaduras. E, despois, se se le a noticia enteira, ves que a desenvolven de tal maneira que non queda outra que admitir que... chapeâu pola paisana que levou a cabo...
Se remato coa cabeza pode ser gol ou podo romper a parede. Mellor a parede, pois romper a cabeza, non creo. Téñoa dura, moi dura. E aínda que lle diga a todo que si, despois póñolle o rabo ás cereixas cando me peta, ou sexa, fago e desfago ó meu xeito. A ver se alguén vai pensar que me domea. A todos lles digo que...
Sigo co fútbol. Están os equipos estratosféricos. Están os equipos grandes. Están os equipos modestos. E están os equipos pobres ou equpiños. O Reus é destes últimos. As estrelas dos estratosféricos ganan cartos ata o infinito e máis alá. Os bos xogadores dos equipos grandes cobran moitos cartos. O cadro dos...
Sigo a traxectoria de David Ferreiro coma se fose un parente. Non é parente, pero é veciño (o meu concepto de veciñanza pode estar á altura do familiar). Intento ver os seus partidos para poder gozar do seu fútbol, que é moito. O domingo pasado, contra o Real Madrid, xa me sentei ante o televisor con media hora de...
Aínda que no inicio da gala de clausura da 23 edición do Festival de Cine de Ourense o protagonismo da mesma era para a miña feisbuqueira Olga Brañas dándolle ás teclas do piano e para Susanna Blanco pasando a variña máxica polo violonchelo, a realidade foi outra. A realidade foi que alguén lles roubou o...
Non sei se me pare a contemplar os coches que pasan pola rúa ou se indague nos biosbardos que asomaron na miña vida cando tiven un tempo no que soñaba. Agora mesmo venme un flash coa Nicolasa ourensá. Si, esa que estafou a unhas vinte persoas vendéndolles traballo dicindo que tiña influencias do PP. Ai, que terá...
Gael Souto Carballo saca un paquete de Celtas do interior da chaqueta de pana e ofrécelle un cigarro ó seu amigo e veciño Hadrao Hipótese González. Están os dous sentados no mazadoiro da fonte da Aira de Arriba falando do que se lles ben encima. “Están a piques de chegar os días nos que hai que meter o pote grande...
A película “A muller da montaña”, do islandés Benedikt Erlingsson, posúe un equilibrio dinámico entre varios xéneros: comedia, drama, suspense de acción trepidante, distanciamento cun pouco de fábula, realismo contemporáneo na loita contra a destrución do planeta e o vínculo profundo entre a sabedoría ancestral do...
Levo polo menos sete anos, sete edicións sen asistir á sección das curtametraxes que todos os anos se presenta no Festival de Cine de Ourense. Acabo de ver unha sección, a correspondente ó bloque I. Porque, hoxe, sinceramente, non me apetecía moito meterme nunha sala e que non me gustara a película. Claro que me...
A excelente cineasta polaca Malgorzata Szumowska acaba de brindarme con “Mug” unha obra aberta e humana en torno a unha premisa xenial -a idea dun personaxe que perde a cara- e un contexto tan ordinario como aloucado cunha seguridade que xa desde o título, dunha soa palabra ("mug", cunca) dá a entender que os...
Tremen os brazos e o tempo non pasa. O traballo acompaña coma se fora unha sombra invernal. Pero aínda que o cansazo invada o camiño que vai dunha cepa a outra, hai que tirar para adiante. Quen dixo medo. Loitemos con A Quenlla pola verdade, pola noite máis longa de “Silencios na memoria”. Treme un corazón que...
Esmeralda, é dicir, a actriz Concepción Márquez, é unha muller da terceira idade que quedou completamente soa. A súa única compaña adoitaba ser o seu home, quen acababa de morrer logo de padecer unha longa enfermidade. O seu fillo Felipe, ou sexa, o actor Baltimore Beltrán, vive nos Estados Unidos, e entre que está...