Catro camiños

Camiño polo lado esquerdo da estrada ó mesmo tempo que penso que ó mellor estou lanzando unha esaxeración. A tal estrada semella máis unha verea de estante, ou unha corredoira. Decorre por entre unha carballeira e con continuos atrancos en practicamente todos os puntos. Cando andei pouco máis de corenta metros...

Cine puro

O máis atractivo do filme “Beast” (2018), ademais do seu excelente tratamento visual, radica no honesto achegamento cara á psicoloxía feminina, elemento que potencia a identificación coas penas e angustias da protagonista. Porque “Beast” mantén uns perspectiva feminina fresca e moi sincera, cunha notable actuación...

Mar de terra

A verdade non é que asistira a moitas inauguracións do Festival de Cine de Ourense, pero de todas as que asistín teño que recoñecer que a da 23 edición, a de antonte, foi a mellor que vin e na que máis gocei, principalmente no remate da mesma. Presentou a gala ese encanto de muller e de actriz chamada Ledicia Sola....

Mar de terra

A verdade non é que asistira a moitas inauguracións do Festival de Cine de Ourense, pero de todas as que asistín teño que recoñecer que a da 23 edición, a de antonte, foi a mellor que vin e na que máis gocei, principalmente no remate da mesma. Presentou a gala ese encanto de muller e de actriz chamada Ledicia Sola....

Cara de ferruxe

A mal tempo, boa cara. É complicado poñer boa cara cando as adversidades se che botan enriba. Adversidades veniais, iso si. Pero suficientes para, mirándome nun espello, ver cara de ferruxe. Primeiro; quixen ver unha obra de teatro na Valenzá e, por unhas e outras cousas, chegamos xusto a tempo para ver que o aforo...

Homenaxes

Todos sabemos que a esencia dun festival cinematográfico son as películas. No Festival de Ourense acontece o mesmo. Pero isto non é óbice que, a maiores, se desenvolvan outras actividades relacionadas, por suposto, coa sétima arte. Adoitan facelo todos os festivais e o de Ourense quizais sexa dos que máis...

Que se celebra!

Comentaba o ano pasado que o OUFF levaba 22 anos á pata coxa. 22 anos a trancas e barrancas, ás toupadas. 22 anos cheos de críticas e, certo, de poucas gabanzas. 22 anos nos que, a política, que nunca se levou ben coa cultura (a cultura é unha lingua afiada e intelixente, da que foxen os políticos), se meteu polo...

Nosa pilastra,noso sostén

Oritual das mañanciñas domingueiras é o de erguerme tarde e marchar coa muller a tomar un café e ler La Región. Rematada esta saímos para ir mercar o pan. Tres mociñas abórdanme xunto á panadería. Déronme un papeliño moi ben envolto e atado cun fío de cor violeta, creo. “Papá, irmán, amigo... tes medo de regresar...

Honor ó apelido

Cada vez estou máis convencido de que os apelidos póñense por algo, que teñen o seu aquel, que traen o seu significado tras de si. E non só para mofarse del ou deles, como foi o caso non hai moito de Ramiro Folla. Os galegos sabemos que o seu apelido vén do órgano vexetativo das plantas ou das árbores. Tamén hai un...

Correr ás cegas

Corro por entre a xente para escapar. Non sei de que escapo, pero teño que correr. Non creo que escape do jazz de John Coltrane, mais vexo como sorteo á xente para non atropelala. Eu cando corro, corro moito. Case se pode dicir que corro ás cegas. E, claro, non vexo. Tiro para adiante coma un posuído. O caso é que...

Atopar a esencia

Alguén ó mellor pode pensar que estou preocupado porque retrocedo ante o atranco que atopo no atallo que me leva ata o nacemento dunha esencia. Pero non hai por que avergonzarse por recuar. É mellor acuar que esnafrarse contra o espectro dun espírito maligno, por exemplo. Ás veces é necesario andar de recadén. Dar...

Para escangallarse coa risa!

De cando en vez métome na biblioteca da Valenzá para consultar algún dos xornais que non adoitan ter os cafés e, a maiores, se cadra pillo algún libro. A ver, libros sempre teño comigo. Pero gústame ter algún de mais por se o que empezo a ler non me gusta e o teño que deixar axiña. Deixo o tema dos libros e vou ó...

Filme vigoroso

Mohamed é director e profesor de literatura inglesa dun dos institutos máis progresistas de Palestina. Vive nunha aldeíña coa súa muller e os seus cinco fillos. A súa casa, situada a media camiño entre unha aldea palestina e un asentamento xudeu, non tarda en converterse nun punto estratéxico e acaba sendo...

Xeitos para ser un cadáver

Din que hai feridas que non cicatrizan nunca. As do amor, as das xenreiras... Pero tamén tardan en cicatrizar as que veñen precedidas por liortas que van máis alá dunha pendencia. Alá polo mes de agosto de 1921 ó veciño de Froufe, en Baños de Molgas, Ángel Lamas Movilla, de 34 anos de idade, e cando estaba nunha...

A mal tempo, boa colleita

Todos os sábados toca ir á aldea da muller. Fomos. Pero como o tempo climatolóxico non axudaba para facer algo útil, non quedou outra que ir ós cogomelos. Para matar o outro tempo. Así é que, aínda chovendo un pouco, collemos con dirección cara ás Veigas e cara ó Val. Todo por entre piñeiros. Axiña apareceu o...

Goteu o cano de Buenafuente

Xa sei que o asunto de Ramiro Folla trae moito retranca nas redes sociais, pero a gota que colmou o vaso da miña paciencia foi un vídeo que tamén circula polas redes de Andreu Buenafuente. Este humorista a min gústame moito. Pero aquí goteou a máis non poder o cano da súa “boafonte”. Búrlase un pouco deste xornal...

Noite de inverno

Noite de inverno. Chove. Funga o aire. Os coches pasan sobre as rúas molladas. Molladas porque chove. E chove abondo. Leva case toda a noite chovendo. Ata creo que toda a tarde. Non o aseguro porque eu estiven toda a tarde lendo na cama, coa persiana baixada e a luz acendida. Lin o libro galego “A candidata”, do...

Desde o alto da Chaira

A ver se me dá tempo de contemplar a paisaxe. Por exemplo, desde o alto da Chaira. Podo ver o reflexo do sol sobre o río de Tioira xusto onde se cruza para o Río Vello. Podo intuír o escudo do Real Madrid que esculpiu nun penedo de Barricobos un paspán que non sabía que facer mentres as vacas andaban a velas vir,...

O día dos defuntos

Ó mellor é que a miña memoria non está para buscar recordos do pasado (e iso que son dos que sempre estou rememorando a infancia), pero eu non lembro nada nin do Halloween nin do Samaín. Ó mellor por outras zonas galegas si había esas celebracións. Pola contorna de Baños de Molgas, que eu saiba, nada de nada. Eu,...

É tarde

É tarde. Son as doce e media da noite. Patxi Andión canta “Rogelio”. Hai uns minutos acabou “Silverado”, a película que Lawrence Kasdan rodou en 1985, nos anos en que o Oeste estaba de capa caída, e que, por contagotas, asomaban pequenas xoias coma esta e “El jinete pálido”, de Clint Eastwood. Desde ese ano para...