José Boente, la provincia en provincia

A  xente de Baños de Molgas ten tan asumido o balneario que o vemos simplemente coma un edificio inmenso, bonito e que alberga bañistas. Sempre se lle chamaron así: bañistas. Porque van tomar os baños. Ninguén asume aquilo de que, a maiores das reumas, artroses, sinusites, etc, existe a relaxación, o descanso...

Por encima dos demais

Xa que vou falar de coches ou da súa condución, usarei o verbo circular. Circula por aí unha enquisa ou estudo sobre os cabreos supinos que realizamos ó conducir. Parece ser que uns 100.000 galegos dámoslle á lingua despectivamente (e máis que á lingua) cando imos agarradiños ó volante. A min esa cantidade chócame...

Cumpre o cometido

Sen o ritmo amortuxado de “A maldición”, pero calcando todos os tópicos desa nova ola de terror oriental que nos invadiu, “Chamada perdida” (2003) defínese sen problemas como un efectivo aínda que insubstancial filme de encargo disposto a encher un pouco máis a carteira do prolífico Takashi Miike, que desde o seu...

Baixo a sombra dun salgueiro

Ifixenio Nocedo aparcou diante do portelo da Lagoa de don Ramiro, reclinou un chisco o asento do seu coche e dispúxose a dar unha cabezada. A ver, eran as tres da tarde e sol caía sobre Entreloríos que daba medo poñerse a ler pola estrada dos Milagres, que é o que acostuma a facer Ifixenio cando a canícula non é...

Case todo é lei de vida

Non puido ser. Croacia puxo o fútbol e Francia os goles. Moitas veces isto é lei de vida. É como aquel que rebenta por traballar e os cartos lévanos outros. E como o que vota coa intención de que alguén levante este país e, despois, resulta, que o votado apaña os cartos para certos paraísos fiscais. Se case todo é...

Lección de paz e penitencia

Botando o pensamento para atrás, a semana pasada, para un servidor, non é que deixase moitas novas dignas de mención. Así, sen parar mentes, só me sae a morte, ós 100 anos, do primeiro presidente da Xunta de Galicia, don Gerardo Fernández Albor, que en paz descanse, e a salvación, por fin!, dos nenos tailandeses....

Orballar a boca

Hadrán Nado Latino senta no mazadoiro da burga de Baños de Molgas, torce a cabeza para a dereita e pensa que, alá, na curva estaba a tenda da Angelita. Tenda que, para a súa infancia, era prohibitiva. Os seus produtos eran prohibitivos. Tan só de cando en vez, ou sexa, moi de Pascuas a Ramos, a súa nai mercaba algo...

O estilo Forman

Se digo Milos Forman, o pensamento de calquera cinéfilo viaxa a gran velocidade cara ás películas “Alguén voou sobre o niño do cuco” e “Amadeus”, principalmente. Pero Forman era algo máis. Si, quizais dificilmente clasificable, aínda que pouco a pouco decantouse polo cine entendido como gran espectáculo, no que,...

Baixo a sombra dos ameiros

Logo dunha volta e dúas reviravoltas asento o meu corpo cansado sobre a varanda da rúa Ansuíña e deixo que a sombra dos amieiros da marxe dereita do río Arnoia me alivie un pouco a suor que se me pega á camisa, á pel. Contemplo a ponte e, ó mesmo tempo, furgan os pensamentos sobre o mundial de fútbol, chegando á...

Contemplando os obxectos

O bochorno penetra na pel como auga fervendo ou gurgullando e penetra tamén na alma como nugalla amoucada. Mentres, Concha Piquer dicindo que es a miña vida e a miña morte, que non debía de quererte e, non obstante, quérote. Agora iso tamén o di Joaquín Sabina. Tanto ela coma el deben de querer moito. Creo que...

Conto ata tres

Conto ata tres para saber que o asubío que sae polos meus beizos é para chamar ó Uriarte. No número dous xa Uriarte erguera a cabeza e lle dera ó rabo. Hai cans que son moi listos. O meu é moi listo. Cando me poño a comer, mírame daquela maneira na que el sabe e eu sei que non queda outra que lle dar unha codia de...

Quero pensar no Mundial de Rusia

Quero pensar no Mundial de Rusia, pero non me sae da cabeza o asunto da cova de Tham Luang Nang No. Doce rapaces con idades de 11 a 16 anos, que eran xogadores dun equipo de fútbol local, están atrapados desde o día 23 de xuño, xunto co seu adestrador de 25 anos, por culpa das abundantes chuvias que alagaron...

O maldito alieníxena

Non hai maneira! O calo non quere saír. E iso que xa levo dúas almofías de auga quente con sal. Moito furgo co cortaúnllas, pero nada. Vexo as estrelas, pero o maldito alieníxena segue aí metido. Pois ten que saír. Aínda que só sexa un cacho. Porque mañá toca sulfatar e teño que andar todo o día enriba del. A ver...

Poesía visual

A primeira vez que souben do director chino Zhang Yimou foi nos cines Alphaville de Madrid a finais dos anos oitenta cando asistín á proxección da súa película “Sorgo vermello”, que me deixou alucinado. Despois xa apareceron “Ju Dou, a semente de crisantemo” e “A lanterna vermella”, que obtiñan premios a...

O maldito alieníxena

Non hai maneira! O calo non quere saír. E iso que xa levo dúas almofías de auga quente con sal. Moito furgo co cortaúnllas, pero nada. Vexo as estrelas, pero o maldito alieníxena segue aí metido. Pois ten que saír. Aínda que só sexa un cacho. Porque mañá toca sulfatar e teño que andar todo o día enriba del. A ver...

Chégalle ben pallaso!

Máis sobre o Mundial de Rusia. O peor de todo é que xa nin nos queda Portugal. Sobre o asunto (ese no que pensamos todos), non digo nada porque ata me dá vergonza. Víase vir, pero... a esperanza é o último que se perde. Pobre esperanza! Pois si, menos mal que era pobre e doe menos a cousa. É máis, incluso ata...

Can hidrófobo por Baños de Molgas

Cando lin a noticia que un xornal galego publicou exactamente o 29 de abril de 1913 chamoume a atención a restra de nenos feridos que foi deixando un can no seu percorrido. Resulta que uns días antes, un cadelo hidrófobo, é dicir, con rabia, percorreu algunhas aldeas do partido xudicial de Allariz mordendo ó torto...

Todos sacamos tallada

Vivimos nun país privilexiado. Onde todos sacamos tallada. Cada vez estou máis convencido de que nin eu mesmo son honrado. Así de simple. A Valedora do Pobo, a que se entende que ten que valer polo pobo, pola xente, na realidade, só intercede polos seus. Aconteceu nun posto de libre designación, que quería que lle...

Gran cantidad de...

Seica caeu unha gran tromba de auga. Seica si. Normal; cando hai treboadas adoita cear gran cantidade de auga. Tamén os The Doors deixan caer unha gran cantidade de son e de boa música. O bo sería que alguén deixara caer unha gran cantidade de cartos, de diñeiro, de euros. Vale, tamén de cariño, si. É que algúns xa...

Preparado para outra

Non morrín o sábado porque sei que vou a facelo de moi velliño, máis alá do centenario. Pero o sábado, baixo unha canícula de máis de 40 graos, ás dúas da tarde aínda estaba sulfatando e ás catro e media da tarde xa volvía estar turrando da mangueira. Sulfatando, a sensación de calor non é que sexa real, por aquilo...