Gran cantidad de...

Seica caeu unha gran tromba de auga. Seica si. Normal; cando hai treboadas adoita cear gran cantidade de auga. Tamén os The Doors deixan caer unha gran cantidade de son e de boa música. O bo sería que alguén deixara caer unha gran cantidade de cartos, de diñeiro, de euros. Vale, tamén de cariño, si. É que algúns xa...

Preparado para outra

Non morrín o sábado porque sei que vou a facelo de moi velliño, máis alá do centenario. Pero o sábado, baixo unha canícula de máis de 40 graos, ás dúas da tarde aínda estaba sulfatando e ás catro e media da tarde xa volvía estar turrando da mangueira. Sulfatando, a sensación de calor non é que sexa real, por aquilo...

Moita parte da subsistencia

Hoxe empezo as vacacións. Non digo que as mereza ou non. Pero son miñas. Durante dez días vou ír á costa. Pero á Costa da Gándara, ou sexa, a tomar o sol baixándolle a rama ás vides, a sulfatar, a limpar os valados e a máis diversos traballos. Sinceramente, estaría mellor sen vacacións. Pero que todo sexa pola nosa...

O espírito dun conto

Quixen quitar o calo da planta do pé esquerdo, pero non houbo maneira. Doíame e dóeme. Agora xa decidín non facer máis intentos; ou atravesa o pé ou podrece aí. Estou escoitando a Francis Cabrel no tema “La cabane du pecheur”. Eu escoito de todo. Xa o dixen sempre. Arxentina está nun tris de dicirlle adeus ó...

A detención dun pistoleiro

Antes, agora e sempre as forzas da orde de toda a contorna de Baños de Molgas resolvían os asuntos tan dilixentemente que non queda outra que renderlle coma unha pequena homenaxe lembrando as súas fazañas, aínda que só sexa nestes pequenos Pingas. No mes de maio de 1912 a un veciño da parroquia de Almoite, o mozo...

O Badalo

Tiña que escribir algo sobre o badalo dunha campá que non existe no campanario da igrexa aquela que non sei de onde era, pero non escribo. E non porque non debuxe diante dos meus ollos tal igrexa e tal campanario (estou a velos coma se fora unha fotografía, vella, pero fotografía), senón porque... non sei, o...

Marcando territorio

Que é unha fronteira? Non debería haber fronteiras! Malditas fronteiras! O ser humano é ser humano tanto en Ferrol como en Manila, en Baños de Molgas como no Sáhara. Non obstante, deixamos que a cor da pel nos inflúa, que a vestimenta dun pobo nos altere e que as costumes as tomemos como insultos. Maldito ser...

Sapoconcho contra bolboreta

Estou sen amañar, díxolle María Ádega Grego a Dacio Aspirante. Estou espeluxada, acabou rematando. O seu amigo Dacio Aspirante mirou para ela e ríuselle na cara, claro. Porque el sabía, ela sabía, sabían os dous que iso era unha trapallada, unha trangallada. El, incluso ela, ou sexa, os dous sabían que era tan...

É unha gran escola

Xa está aquí. O fútbol. Xa empezou. Xa estamos no quinto día. E xa no segundo me quería rebentar o peito. Coa tensión. Coa emoción. No España-Portugal (3-3). Demasiada angustia. Demasiados cabreos. Demasiada alegría. Demasiada pena. Xa sei que para uns o fútbol é como unha peste. Pero hai que saber que as pestes...

Onde se viu outra!

Dos días enteiros sen ler. Onde se viu outra! Sen ler ningunha páxina. Hai veces que tamén adoito ler moi pouco, pero algunha páxina sempre cae. Aí atrás, non obstante, foron dous días nos que nin tan sequera abrín o libro. E, coidadiño, algún anda sempre comigo. Pero... as circunstancias, o traballo, os bailes de...

Mestura de ingredientes

O obxectivo da inmensa maioría das producións cinematográficas é chegar a un sector do público o máis amplo posible. Non obstante, cando esa meta se pretende acadar a través da mestura de ingredientes que chocan como a auga e o aceite, o resultado sempre se deixa notar. Os responsables de “Os pais del”...

O maldito 40%

MeteoGalicia. A previsión do tempo para o sábado, 9 de xuño, para o concello de Cartelle era dun 80% de posibilidades de chuvia. Claro, así é imposible sulfatar a viña; seguro que chove! Empezou a chover a iso das oito da tarde. Ocasión perdida. MeteoGalicia. A previsión do tempo para o luns, 11 de xuño, era dun...

Baixo un sol queimón

Agora que levamos tantos días con mal tempo, a xente acórdase do sol. Eu tamén me acordo do sol. Pero non porque o estea desexando; sinceramente, dáme igual. Tan só desexo que non me chova cando teño que sulfatar. Non obstante, se me acordo do sol é porque este me fai retroceder ós anos da nenez e da xuventude,...

O bambán dunha existencia

Queres bailar sobre a tumba dun crocodilo? Pois esperta do teu soño e corre polas liñas continuas dunha inocencia que non é tal. Quen é hoxe inocente logo de contemplar o bambán dunha existencia argalleira, revoltosa? Quen é capaz de mirar para a lúa e saber que de aquí a alá está a inocencia dunha mente libre?...

Todo un curso sin recreo

A xente é mala. Así de claro o digo. Somos malos. Así de simple. Acabo de escoitar pola televisión a nova dun neno de nove anos que leva sen recreo desde o mes de outubro porque o tiña castigado unha profesora. Unha mestra? Iso nin é mestra nin é persoa! É que nin antigamente se usaba tal disciplina (e iso que...

Ilusión que mingua

O máis salientable do filme “Sky Captain e o mundo do mañá” (2004) é que é a primeira película da historia do cine que contou con actores reais, pero no que absolutamente todo o resto do decorado é dixital. Esta primeira obra de Kerry Conran resulta, na súa impresionante plasmación na pantalla o último do...

Ilusión que mingua

O máis salientable do filme “Sky Captain e o mundo do mañá” (2004) é que é a primeira película da historia do cine que contou con actores reais, pero no que absolutamente todo o resto do decorado é dixital. Esta primeira obra de Kerry Conran resulta, na súa impresionante plasmación na pantalla o último do...

A vinganza: unha mala emoción

Sempre oín nas películas que a vinganza é unha mala emoción, unha mala idea. As películas, aínda que ás veces é todo mentira, sempre din cousas bonitas e cunha realidade moi profunda. Como cando gastamos unha broma; que ten un fondo serio. Como cando lanzamos unha indirecta; que é máis directa que unha frecha...

Nos descansos das cavaduras

A semana pasada chegou unha única noticia para revolucionar o panorama político español, e todos os medios de comunicación botaron fume dunha maneira ou doutra para explicarnos, primeiro, a moción de censura e, despois, a confirmación da moción de censura. Pero por que vou falar eu do presidente saínte e do...

Personalidade escura

Case sempre se comunica a morte dun personaxe cinematográfico ó día seguinte (ou no mesmo día incluso) de acontecer o deceso. Pero hai veces, que por unhas circunstancias ou outras, tárdase días de saber o óbito. Como foi o caso do actor británico Jon Finch. O seu cadáver atopárono no apartamento que habitaba no...