Visitando dúas airas

Canso de estar sentado no mazadoiro da fonte da Aira de Arriba, decido baixar polo Lugar e cando chegue á burga, volver sentar. Pero xusto cando estou á altura das escaleiras que van á Aira de Dentro deteño os meu pasos e dubido en seguir baixando ou pasar a botarlle unha ollada á citada aira. Creo que desde mozo...

De pouco lle valeu

O río Arnoia, ó seu paso por Baños de Molgas, leva as augas mansas. O río Arnoia tiña fama de troiteiro. O río Arnoia, cos seus 84,5 quilómetros é o río máis longo da provincia de Ourense. No río Arnoia xa teño escrito que se afogaron algunhas persoas a principios do século XX, principalmente, a causa de caídas das...

Sin historias

Brasil, que atraviesa un periodo presente convulso con golpes de estado institucionales incluidos, se acaba de quedar sin pasado por el incendio del Museo Nacional  de Río de Janeiro. Cuando un museo es pasto de las llamas se lleva por delante la historia allí acumulada, logros, ideas, ambiciones expectativas...

O reloxo da igrexa de Baños de Molgas

O reloxo do consistorio de Lugo parou. O reloxo do consistorio de Lugo parou durante uns días nas nove menos cuarto. Dá igual que foran da mañá como da noite. Parou, e punto. A moitos, isto, como se ladrase un can, pero a un servidor conmoveuno a noticia. Porque a un servidor, ese titular transportouno ó reloxo da...

Os milagres da Virxe dos Milagres

Xa estamos máis ou menos no ecuador das Novenas dos Milagres. E a xente segue que segue subindo ata o Medo desde todos os recantos da contorna, incluso de moito máis alá da contorna (e de parte do estranxeiro). Por certo, o día que os extraterrestres aterren no noso planeta, non o farán en Estados Unidos, non; que...

Miradas

Quita de aí esa carauta que che tapa, que che oculta a cara. Quero verche os ollos, porque nos ollos é onde está escrita a novela da túa vida. Din que os ollos son o reflexo da alma. Case que si. Porque toda lectura está nas miradas. Hai miradas que matan. Hai miradas preñadas de versos que van moito máis alá do...

Pola corga da realidade

Non quero ser rei no mundo dos trevos espallados pola parcela do Medo, porque a miña ilusión é ser príncipe no reino das alfombras máxicas que se acumulan nas barroncas de Barricobos. Pero hoxe aínda son o que non consigo ser nos soños. Será porque soño bonito, porque soño demasiado bonito. Pero hoxe son o que levo...

O álter ego de Hitchcock

Nas 600 páxinas que o especialista e escritor británico David Thompson lle dedica á historia do cine no seu impresionante libro “The BigScreen”, Alfred Hitchcock e as súas películas aparecen en máis de 50 páxinas. Pero a referencia á súa muller, Alma Reville, tan só se limita a 24 palabras, estas: “En 1926, cando...

Á caza de cascudas

Son un pistoleiro no tempo da guerra das galaxias, do tempo de andar polo infinito e moito máis alá. Pero pistoleiro de andar por casa. En cada habitación hai pasquíns ofrecendo recompensas pola caza de cascudas e diversos bichos que poidan alterar o ecosistema dun rancho ou incluso de toda unha pradeira a 25...

Un mestre do dialecto ilocano

Busca e encontrarás. Frase fetiche desde hai xa moitos anos para convencerme de que, ó final, se buscas, obtés a recompensa. E buscando, buscando case sempre atopo esa recompensa, aínda que só sexa en forma de personaxes molgueses que nin imaxinaba que existían. Por uns escritos ou por outros xa levo falado sobre...

Parvadas

E dis ti e digo eu. Que o que eu digo non o dis ti, e o que ti dis non o digo eu. Dixen. Xa sei que somos moi amigos de dicir cousas, ou sexa, parvadas. Ás veces hai parvadas bonitas. Ou simpáticas. Ou tortas. Ou cariñosas. Ou sentimentais. Moi de cando en vez soltas unha parvada e algún paspán axiña che...

Romper a rutina

O ser humano é un animal de costumes. Temos a rutina como o acubillo da comodidade. Toda unha vida escribindo sobre os paniños de papel que poñen nas mesas ou nas barras das cafetarías e, agora, xa levaba un tempo, quizais incluso uns anos escribindo na casa e no propio ordenador. Ás veces é bo cambiar a rutina....

Na flor da elegancia

Quero contemplar a aira en silencio, pero o ruído da miña respiración espanta, axota os pensamentos. Á mesma beira, un pardal chouta de aquí para alá e, cando quere, bota a voar. Sento xunto ó pé dun canastro e deixo que os sentimentos naveguen polo Támesis. Porque polo Arnoia goldraron toda a infancia e...

Un universo novo

Se quere ver algo divertido e simpático, vaia a outra sala. O que aquí contarei nada ten de simpático”. Desde esa primeira secuencia, o que semella ser o comezo dun simpático debuxo animado sobre un elfo, nada é o que parece nesta película; de aí o aviso. “Una serie de catastróficas desdichas de Lemony Snicket”...

Elegancia e clase

De Cary Grant dicíase que actuaba ben ata de costas. E creo que é verdade. Poucos actores verteron, deixaron tanta elegancia e clase nas pantallas de cine e ningún outro vestiu o smóking con tanta corrección. O seu nome é sinónimo de alta comedia, de maneiras refinadas e de sorriso moi sedutor, como demostrou en...

Tocar a pandereta

Eu quero sentar sobre a tumba dun mosquito, pero dáme a seu aquel. Así é que, por respecto, cúspolle na cabeceira para que, entre soños, pense que a vinganza daquela noite de verán sérvese agora no inverno. Cada un toma as accións como lle convén. Peor sería que mexara sobre o floreiro do nicho do espírito maligno....

Ataques á agricultura

Non é ningunha novidade dicir que a agricultura en Galicia sempre foi maltratada e deixada da man de Deus. Sempre. Agora está peor ca nunca. Atácana polos catro costados. Dunha maneira ou doutra. O caso é machucar nas cabezas dos paisanos para que empecen a abandonar todo. Estes días tócalles ós da Limia, onde a...

O mellor día de todo o ano

Xa teño dito máis dunha vez que os Recunchos adoito escribilos ós venres ou ós sábados. Cando os escribo gárdoos nun arquivo ó que lle poño a data da súa publicación, no de hoxe, o 06-08-2018. Xa pensara na primeira frase para falar da pasada vaga de calor, e foi xusto cando datei o arquivo que caín na conta do día...

A fonto do Muíño

Eu ía pouco á fonte do Muíño. Porque me quedaba a desmán. A min quedábame mellor a fonte da Lameira. Ás veces, porque oías que a do Muíño era máis fresca que a da Lameira, non quedaba outra que ir ata alá. Pero axiña puña de pretexto a distancia. E entón volvía á fonte da Lameira, que me quedaba moi cerquiña da...

Excursión da prensa a Baños de Molgas

O día 2 de agosto de 1922, é dicir, hai 96 anos, asomaba na prensa galega unha nova relacionada precisamente coa prensa, na que se informaba que os propietarios do balneario de Baños de Molgas, invitaban á Asociación da Prensa de Ourense. Cando alguén te invita, é un feo rexeitar tal invitación. Ás nove da mañá...