Brasil vivirá a esquerda?

As eleccións de outubro en Brasil son fundamentais pra o futuro dese país, xa que se gaña Fernando Haddad daríase unha viraxe á esquerda. Ademais fortalecería esta tendencia no resto de América Latina, xa que se sumaria ao triunfo de López Obrador en México. Estas son as dúas maiores economías ao sur dos Estados...

Persoas dependentes, contexto e necesidades

A poboación galega está avellentada, tanto pola mellora na calidade de vida e dos servizos sanitarios, como pola baixa natalidade. O retroceso demográfico responde ao papel subordinado do noso país no marco do Estado español, cun carácter secundario na cadea de valor, agás algunhas excepcións. Un exemplo témolo en...

Gracia, bo ou mal exemplo?

Mentres que Bruxelas cantaba vitoria respecto de Grecia, a Arxentina comezaba un novo calvario, coa drástica desvalorización do peso en relación co dólar, os xuros subían ao 60%, o desemprego atinxía un 10%, os ocupados informais chegaban ao 34,2%, e a pobreza abranguía o 33% da povoación. Será a de Grecia unha...

Galegos na defensa de Bos Aires

Hai pouco máis de dous séculos, os galegos tiveron un protagonismo importante en Bos Aires, cando esta cidade, de 45.000 habitantes, capital do Vicerreinado do Río da Prata, rexeitou por dúas veces a invasión das tropas británicas. Vexamos o contexto. Inglaterra cobizaba as colonias da Coroa de Castela, e tiña...

Visións estreitas, e interesadas

A Xunta bota peito destacando que Galiza cumpre como un alumno avantaxado todos os límites impostos polo Governo central. Unha actitude que choca coa doutras nacionalidades e autonomías, como Cataluña, Euskadi, Valencia, e suma e sigue, que ademais buscan dinamizar moito máis a súa economía re-negociando maiores...

A esquerda debate o tema migratorio

En Alemaña a cuestión migratoria está a debate en Die Linke (A esquerda).  Hai sectores do partido que afirman que a actitude diante do fenómeno migratorio é máis “moralista” que “materialista”, e destacan que “as fronteiras abertas en Europea tradúcense en competición por traballos mal pagados”. Con esta...

Bóveda e a Galiza mártir

Cando por vez primeira na miña vida, o 12 de abril, fun exercitar o meu dereito a voto e votei pola República non era pra min un fin, senón un medio, como un medio tamén é o Estatuto. Alexandre Bóveda expresase deste xeito nun manuscrito, reproducido parcialmente nun artigo de Marcos Valcárcel nun especial sobre...

A complexidade política do momento

Son das persoas que valora as estatísticas, coido que son un complemento importante daquilo que apreciamos na realidade, mais cando chocan co que vemos algo falla na súa realización. Por exemplo, as horas extra que reflicte a Enquisa de Povoación Activa (EPA) carecen de lóxica. Non se sostén que unhas 17 millóns de...

O Día da Patria como tarefa

Este ano o Día da Patria Galega tiña un significado especial, xa que se conmemoraba o 50 aniversario da realización da primeira manifestación posterior ao levantamento militar dirixido por Franco. Un golpe que suprimiu pola forza das armas a República e implantou a ditadura. Despois viu a longa noite de pedra, as...

Xogando ao póker coa guerra nuclear

Malia o control polo governo sirio do sur do país non se pode dar por rematada a guerra. Gran parte da fronteira norte, unha franxa no leste, e as zonas de maior produción petroleira están controladas por forzas rebeldes co apoio directo ou indirecto do exército turco, nun caso, e dos Estados Unidos, Reino Unido e...

Encontros galeguistas en Bos Aires

 Hai agora medio século, unha das forzas do nacionalismo galego xurdidas na década dos sesenta do século pasado, refírome a Unión do Povo Galego (UPG), mantivo dous encontros en xullo e agosto coa Irmandade Galega (IG) e co Consello de Galiza (CG) en Bos Aires. Hai que lembrar que neste mesmo período nace o...

Un xiro que transcende México

O contundente triunfo de López Obrador en México sen dúbida terá consecuencias sobre o panorama político Latinoamericano, malia a presión do Governo de Trump sobre a rexión. Neste aspecto, non se pode obviar a sucesión de golpes institucionais regresivos que se deron nos últimos anos, mesmo baixo o Governo de...

Un recuar demográfico sen fin

O retroceso demográfico do noso país debería ser unha cuestión prioritaria, mais só de cando en vez ocupa titulares e preocupa a responsábeis da autonomía, e a forzas sociais e políticas.  A esta altura pódese constatar que non é un problema que atinxe exclusivamente ás comarcas do interior, xa que é evidente...

Migración, a reflexión necesaria

A cuestión migratoria converteuse nun debate central entre “globalistas” e “proteccionistas”, como consecuencia interesada dunha visión esquemática e reducionista do problema. De xeito tal, que as situacións estremas, e o aspecto emotivo, mesmo que sexan conxunturais, teñen máis valor que a análise razoada da...

Facer cambios ou gañar tempo?

Na actualidade a maioría das persoas ocupadas obteñen todos ou a maior parte dos ingresos da súa relación laboral como asalariadas. Este aspecto, así como a distribución do traballo e as prestacións sociais públicas, son temas centrais pra garantir unhas condicións de vida dignas e evitar a marxinación e a pobreza....

Neoliberalismo e periferia

Mauricio Macri que recibiu tantas felicitacións dos dirixentes neoliberais, dende o francés Emmanuel Macron até o español Albert Rivera, viuse obrigado a pedir ao FMI un préstamo urxente de 50 mil millóns de dólares. Por mor da grave crise financeira do país, e a cambio dun duro axuste. Tampouco foi alleo a estas...

Moción de censura, razóns e perspectivas

É moi cedo pra saber ate onde chegarán os cambios a causa do triunfo da moción de censura contra o Governo de Rajoy. Porén, non se pode desbotar a priori que sexan maiores do que quixeran as clases dominantes e, en principio, inferiores ao que sería necesario pra reverter a desigualdade e avanzar cara un...

A UE e os escenarios posíbeis

Estados Unidos desligouse do Tratado de Non Proliferación Nuclear de Iran. Un acordo do que se gababa Obama, e que ademais fora asinado por Rusia, China, Alemaña, Reino Unido e Francia. A escusa foi, que Teherán seica non cumpría o acordo. Un argumento que contradí todos os informes da OIEA, a organización das...

A nova dereita agocha o seu proxecto

Todas as enquisas dan a Ciudadanos como primeira forza nunhas eleccións xerais, aínda que o resultado real pode mudar moito, tendo en consideración a volatilidade da conxuntura, e que se trata dun partido construído sobre unha estrutura moi cativa e coa complicidade dalgúns medios. En calquera caso, se as enquisas...

Cara onde nos leva a sumisión?

Xusto un día despois do anuncio de Trump da ruptura do acordo con Irán, o presidente da Xunta rectificaba á alza en varias décimas o crecemento do PIB pra este ano, que en principio estaba estimado nun 2,5%. Este anuncio era posterior á nova estimación que facía hai uns días o FMI sobre a economía do Estado...