A sanidade é un servizo esencial

Todo indica que o aumento do PIB, que xa supera as cifras de antes da crise, non repercutirá positivamente nas clases populares, e moi especialmente na clase traballadora. O desemprego, aínda que baixou nos últimos anos, mantense en porcentaxes superiores ás de 2009. Os salarios baixaron...

O trato da dependencia é só a punta do iceberg

Sen dúbida algunha, un dos grandes problemas das sociedades “avanzadas” é o das persoas maiores e dependentes. Unha responsabilidade que no noso país recae en boa medida na familia, e sobre todo nas mulleres. E isto significa en moitos casos unha hipoteca por anos, tanto do tempo de...

Despois dos salarios tócalle as pensións

A ministra de Emprego e Seguridade Social, Fátima Báñez, propón que o período de tempo pra o cálculo das pensións de xubilación atinxa toda a vida laboral, e que o/a afectado/a elixa aqueles anos que o beneficien. O período sobre o que se calculan hoxe,...

Irán e as súas contradicións

As protestas en Irán poñen ao descuberto as contradicións sociais do modelo iraniano, que combina unha postura antiimperialista con teocracia e políticas neoliberais. Fica en evidencia que, pra conseguir a complicidade social, é fundamental que a distribución dos custos...

Cataluña como escusa

Todos os partidos do arco parlamentar criticaron o discurso de fin de ano do presidente da Xunta  Núñez Feijóo, que destacou polo seu esaxerado optimismo no económico e polo ataque a Cataluña. Sen dúbida esta mensaxe era esperada polos sectores máis...

Historias e debates do pasado?

O próximo ano vén ateigado de lembranzas. Benvidas sexan, se valen pra coñecer mellor a historia e recoñecer as/os que destacaron pola súa entrega, na maioría das veces, milleiros de persoas anónimas. Estas datas deben valer asemade pra aprender delas, dos acertos e...

Retroceso na Arxentina

Nas últimas eleccións arxentinas, renováronse parcialmente as cámaras lexislativas. Nalgunhas provincias, tamén se elixiron governadores e lexisladores. Cambiemos e aliados conseguiron un amplo triunfo. De aí que Macri pensase que tocaba o ceo, e considerase que era o...

Cada vez hai menos tempo

Tanto a Xunta de Galiza, como o Governo central destacan os “avances” producidos no ano que deixamos atrás, grazas ás súas políticas: crecemento do PIB, do emprego, e medre do turismo e das exportacións. Desta tendencia participan as distintas nacionalidades do Estado....

Recuperando a nosa historia

Que se realice unha exposición de obxectos suevos na cidade de Ourense, con máis de trescentas pezas procedentes de 10 países, é unha boa iniciativa. O fundamental é que axudará a divulgar unha etapa esencial da historia do País, e da nosa a vinculación e...

Todas e todos a prol da lingua galega

O vindeiro 13 de decembro, cúmprense tres décadas da masiva manifestación a prol da lingua galega, realizada durante o governo tripartito na Xunta (PSOE, CG e PNG). Nesta convocatoria acadouse un grao de unidade política e social que non se volveu repetir posteriormente....

Falsas saídas

Rajoy conseguiu a través da aplicación do 155, e sen a esperada confrontación na rúa coa base do independentismo, recuperar o control das institucións catalás. Sendo isto un éxito diante do seu electorado e dun amplo sector da sociedade do Estado español (EE),...

Mudanzas que urxen

Difundiuse hai uns días a nova de que quince mil científicos de 184 países alertaban, a través dun artigo na revista BioScience, sobre as preocupantes sinais de que a humanidade está seguindo unha vía insostíbel. En calquera caso, a esta altura ninguén pode...

A revolución rusa

O pasado 7 de novembro cumpríronse cen anos do maior acontecemento do século XX: a toma do poder polo Partido Bolxevique en Rusia. Un feito que condicionou a realidade política e social interna de todos os países do mundo. A Revolución tiña como unha das prioridades a...

A globalización estanos afogando!

Segundo as estatísticas que ofrece o IGE encol da Multilocalización Empresarial na Galiza, das 1408 empresas con máis de 50 empregados/as que realizaban actividades no País, 323 tiñan a súa sede noutra comunidade autónoma. Ou sexa, un 23% do total. Aínda que o...

Achégase o final do conflito sirio?

Nas últimas semanas, a guerra en Siria fíxose máis complexa. Non só porque Turquía xogue a varias bandas, coa finalidade central de evitar a constitución dunha ou varias repúblicas curdas na súa fronteira. Senón porque todo evidencia que o Daesh centra...

Os incendios como síntoma

A gravidade dos incendios producidos a pasada fin de semana, pon de manifesto comportamentos delituosos, así como responsabilidades políticas. Asemade, verificouse que a solidariedade é un valor que non se perdeu na nosa sociedade. Os lumes abrangueron practicamente toda Galiza, con perdas...

Pacto da Moncloa, constitución e autonomías

Nesta conxuntura acumúlanse tres crises: a económico-social, a democrática, e a nacional. Polas contradicións que estas xeran, o chamado por algúns “Réxime do 78” perdeu a capacidade que tiña pra manter sen contratempos a viabilidade dos intereses das...

Oportuna cortiña de fume

No debate sobre o Estado da Autonomía, o Presidente centrou boa parte da súa intervención no conflito entre o Governo español e Catalunya, desviando a atención dos moitos e graves problemas que ten o noso país. Segundo a súa visión, Galiza sería a cara...

Galiza, país industrial

Segundo o director do IGAPE, creáronse dende maio de 2015 nada menos que 11.500 empregos no sector industrial. Ou sexa, en pouco máis de dous anos completouse un 23% do que a Xunta se marcaba como meta nun lustro, na Axenda de Competitividade de Galiza Industria. Polo que, pra completar o obxectivo,...

Recreando o Far West na ONU

A intervención de Donald Trump na Asemblea Xeral da ONU foi, en varios aspectos, negro sobre branco a respecto da que realizou o secretario xeral deste organismo, o portugués, António Guterres. Este último denunciou a desigualdade social e territorial crecente, alertou da ameaza do...